Acto institucional 8M
O Martes 8 de marzo ás 12 horas terá lugar na Alameda Castelao a lectura do manifesto institucional polo Día Internacional da Muller.
O Martes 8 de marzo ás 12 horas terá lugar na Alameda Castelao a lectura do manifesto institucional polo Día Internacional da Muller.
As bibliotecas municipais súmanse á programación do 8M cun contacontos a cargo da narradora oral Ana Facchini e o seu espectáculo “Tanto conta, conta tanto”. Unha actividade que terá lugar o venres 11 ás 18:30 horas. Compre inscrición previa na propia biblioteca, no teléfono 986-454-226 ou por correo electrónico no enderezo bibliotecachapela@redondela.gal
Unha unidade mobil do Centro de Transfusión de Galicia desprázase o xoves 17 ao concello de Soutomaior. As persoas que o desexen poderán facer as súas doazóns nas inmediacións da praza de Abastos en horario de 10:00 - 14:30 e de 16:30 - 21:00
A historiadora Raquel Fernández pecha os actos da muller en Soutomaior este venres 18 cunha charla na biblioteca Luis Seoane de Arcade. A conferencia será este venres ás 18:30 horas baixo o título ‘Somos, porque elas foron’, a historiadora e responsable da conta Mulleres galegas falará do papel das mulleres durante a transición.
Os monicreques da Compañía Larraitz Producións artísticas regresan a Redondela co seu espectáculo Dona Barriga Verde. Unha actuación de balde o venres 18 de marzo ás 18:30 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Organiza o Concello de Redondela
Un libro no que se “reivindica o primeiro amor” a través duns textos que arrancan no ano 1975 e van evolucionando ao longo de máis de tres décadas. O poemario, publicado por Chan da Pólvora será presentado este venres ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira nun acto no que Luís Gustavo Cuntín estará rodeado […]
A formación redondelá forma parte do ciclo de música folk “A nosa música”. O concerto terá lugar o sábado 19 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada de balde.
A biblioteca de Arcade acolle o mércores 23 unha contacontos a cargo de Soledad Felloza. A actividades leva por nome Bailar nas nubes e terá lugar ás 18:00 horas con entrada de balde.
A biblioteca municipal Luis Seoane de Soutomaior continúa co programa de contos que celebra o último venres de cada mes. Nesta ocasión será o 25 de marzo ás 18:00 horas cunha actividades orientada a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idades e que precisa de inscrición previa na propia biblioteca.
O artista galego presenta o seu monólogo “Love está en el aire” o sábado 26 ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira. Organiza Etiqueta negra producións. O prezo da entrada é de 12 euros.
O Multiúsos da Xunqueira acolle o domingo 27 de marzo ás 18:00 horas unha nova actuación teatral orientada a público familiar a cargo da compañía Ártika, quen porá en escena a obra A illa da deslembranza. Organiza concello de Redondela. Prezo da entrada 3 euros.
O Multiúsos de Arcade acolle a representación da obra “A nena que quería navegar” a cargo da compañía Redrum teatro. O domingo 27 de marzo ás 19 horas con entrada de balde.