Teatro infantil en Arcade
O Multiúsos de Arcade acolle a representación da obra “A nena que quería navegar” a cargo da compañía Redrum teatro. O domingo 27 de marzo ás 19 horas con entrada de balde.
O Multiúsos de Arcade acolle a representación da obra “A nena que quería navegar” a cargo da compañía Redrum teatro. O domingo 27 de marzo ás 19 horas con entrada de balde.
Unha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón estará o luns día 28 en Chapela, na alameda, para recoller doazóns de sangue. Horario de 15.30 a 21.00 horas.
O alumnado da escola de música Artística de Arcade celebra unha actividade musical orientada a público familiar no Multiúsos de Arcade o sábado 28 ás 20:00 horas.
O Multiúsos da Xunqueira acolle unha mostra de obras de pequeno formato a cargo do artista de Arcade, Daniel barreiro. “Obxectos de autor” é o nome da exposición na que se recollen diferentes pezases elaboradas, como non podía ser doutro xeito, con material reutilizado.
As rutas en barco continúan o 1 de maio ás 16:30h dende o Pantalán do Museo de Meirande. Este ano a Festa do Choco inclúe eventos culturais e visitas turísticas ao noso patrimonio. O prezo son 4 euros por persoa e estarán a disposición do público no Museo de Meirande e na Oficina de Turismo […]
A Festa do Choco continúa con conertos de música tradicional da man de "Pecios de Rande", unha agrupación redondelá. O evento celebrarase na Alameda de Castelao ás 18:30h da tarde. O mes de maio comeza cargado de espectáculos da nosa terra.
Proxección do documental “Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra” no Multiusos da Xunqueira o venres 1 ás 19:30 horas. Unha actividade que forma parte dun programa de actos en torno á memoria que terán como elemento central a homenaxe institucional do Concello de Redondela ás mulleres da Illa de San Simón que se […]
A parroquia de Quintela é o lugar elixido para inaugurar este ano o Artelixo. A partir das 13:00 horas do sábado 2 haberá pasarrúas, lectura de pregón, xantar popular, obradoiros para as crianzas e música con As Efémeras.
A proxección de ‘O Gran Camiño’ este sábado 2 de abril, ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira, será a encargada de abrir o programa de proxeccións do Ciclo Mestre Mateo. O Concello Redondelán adhírese así á iniciativa impulsada pola Academia Galega do Audiovisual e apoiada polas catro deputacións que permite achegar á veciñanza o […]
Continúa o II ciclo folk A nosa música co concerto o sábado 2 de abril do grupo Chavellos. Entrada de balde no Multiúsos de Chapela ás 20:00 horas. Organiza Concello de Redondela.
O premio é a nova proposta escénica da compañía La Quintana Teatro. Esta coproducción do Centro Dramático Galego, que dirixe Marián Bañobre, articúlase como un reality en directo no que o público vota quen merece levar o premio da súa vida. O sábado 9 de abril ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 3 […]
O Multiúsos da Xunqueira acolle o domingo 10 de abril ás 18:00 horas a obra Ás para Alex da compañía Baobad Teatro. Unha proposta para todos os público enmarcada no IV ciclo de teatro infantil do Concello de Redondela. Entrada 3 euros.