Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de “Pecios de Rande”

A Festa do Choco continúa con conertos de música tradicional da man de "Pecios de Rande", unha agrupación redondelá. O evento celebrarase na Alameda de Castelao ás 18:30h da tarde. O mes de maio comeza cargado de espectáculos da nosa terra.

Proxección do documental Acorda

Proxección do documental “Acorda. Cartografía musical da memoria histórica de Pontevedra” no Multiusos da Xunqueira o venres 1 ás 19:30 horas. Unha actividade que forma parte dun programa de actos en torno á memoria que terán como elemento central a homenaxe institucional do Concello de Redondela ás mulleres da Illa de San Simón que se […]

Inauguración do Artelixo

A parroquia de Quintela é o lugar elixido para inaugurar este ano o Artelixo. A partir das 13:00 horas do sábado 2 haberá pasarrúas, lectura de pregón, xantar popular, obradoiros para as crianzas e música con As Efémeras.

Proxección documental O gran camiño

A proxección de ‘O Gran Camiño’ este sábado 2 de abril, ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira, será a encargada de abrir o programa de proxeccións do Ciclo Mestre Mateo. O Concello Redondelán adhírese así á iniciativa impulsada pola Academia Galega do Audiovisual e apoiada polas catro deputacións que permite achegar á veciñanza o […]

Concerto de Chavellos

Continúa o II ciclo folk A nosa música co concerto o sábado 2 de abril do grupo Chavellos. Entrada de balde no Multiúsos de Chapela ás 20:00 horas. Organiza Concello de Redondela.

Teatro con La Quintana

O premio é a nova proposta escénica da compañía La Quintana Teatro. Esta coproducción do Centro Dramático Galego, que dirixe Marián Bañobre, articúlase como un reality en directo no que o público vota quen merece levar o premio da súa vida. O sábado 9 de abril ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 3 […]

Teatro infantil con Baobab teatro

O Multiúsos da Xunqueira acolle o domingo 10 de abril ás 18:00 horas a obra Ás para Alex da compañía Baobad Teatro. Unha proposta para todos os público enmarcada no IV ciclo de teatro infantil do Concello de Redondela. Entrada 3 euros.

Poxa cantina Centro Cultural Negros

A Asociación de veciños de Santo Estevo de Negros convoca a todas as persoas interesadas en xestionar a cantina do centro cultural a presentar as súas propostas. A poxa celebrarase o venres 22 de abril ás 21:30. Aqueles que queiran facerse con este servizo poden coñecer as condicións chamando ao teléfono 628305414 ou enviando un […]

Festa dos Maios

As persoas interesadas en aprticipar na Festa dos Maios deben incribirse no rexistro do concello como data límite o 22 de abril. Cada maio participante recibirá unha subvención de 100 euros e optará a diferentes premios nas categorías de maio artístico, tradiconal, mellores coplas e mellor interpretación.

A Biblioteca que viaxaba no tempo

O venres 22 de abril ás 18:00 h., na Biblioteca Xela Arias orientado a cativos de 18 meses a catro anos, a narradora Olga Abad achegará a historia “A biblioteca que viaxaba no tempo”. Mediante técnicas como a narración e o teatro de papel, o espectáculo conta a historia dunha pequena vila onde hai unha […]

Loli Crespo e Alejo Amoedo en concerto

Baladas e zarzuelas galega conforman o repertorio do concertó Saudade D’Alborada que terá lugar o sábado 23 de abril no Multiúsos de Chapela ás 20:00 horas con entrada de balde. Unha actuación a dúas mans: con Loli Crespo e Alejo Amoedo organizada dende o Concello de Redondela.

Obradoiro literario “As cousas pequenas contan”

A biblitoeca de Chapela acolle o mércores 27 de abril ás 18:30 h. cun obradoiro a cargo do educador e animador sociocultural Xulio Varela. Unha proposta orientada a rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos.