Concerto de “Los Secretos”
A Festa da Coca de Redondela trae un dos concertos máis esperados da súa programación. "Los Secretos" tocarán ás 22:00h no Campo da Feira con entrada totalmente de balde.
A Festa da Coca de Redondela trae un dos concertos máis esperados da súa programación. "Los Secretos" tocarán ás 22:00h no Campo da Feira con entrada totalmente de balde.
O día 18 de xuño terá lugar o concerto da orquestra Ritmo Joven no Campo da Feira. Unha das moitas bandas programadas para a Festa da Coca de Redondela.
O 19 de xuño ás 10:00h terá lugar unha alborada a cargo da Banda de Música de Chapela. Esta será aúltima alborada da Festa da Coca de Redondela.
Ás 12:00h comeza o desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños, acompañada por xigantes e Cabezudos ao son do grupo de gaitas O Carballo das Cen Pólas.
Baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas na Praza de Ribadavia.
Ás 12:00h comeza a misa na Igrexa de Vilavella. despois, terá lugar a Procesión polas rúas de Vilavella, decoradas con alfombras florais, acompañada pola Danza das Espadas, das penlas e a Banda de Música de Chapela.
Ás 18:00h terá lugar o concerto da Banda de Música de Chapela na Alameda de Castelao. Un dos moitos concertos programados pola Festa da Coca de Redondela.
Ás 18:00h terá lugar o evento de patinaxe "Patina na Rúa" na pista da Xunqueira. Unha exhibición de patinaxe ao aire libre que entra dentr da programación da Festa da Coca de Redondela.
Ás 22:00h terá lugar o concerto do Combo Dominicano no Campo da Feira. Este será o último concerto que pechará a programación da Festa da Coca de Redondela.
A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso convoca as comuneiras e comuneiros á asemblea ordinaria o vindeiro domingo 26 de xuño ás 11h en segunda convocatoria. A asemblea celebarase no polideportivo da Gándara, no caso de choiva trasladarase á Sociedade de Agricultores, e trataranse os tradicionais puntos do estado de contas, altas […]
O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará desde esta fin de semana a súa cuarta sesión coa proxección no concello Redondela da película “Welcome to ma maison”, finalista nas categorías a mellor documental e mellor montaxe nos XX premios Mestre Mateo. O ciclo, que […]
A Orquestra Clásica de Vigo actúa o día 28 no castelo de Soutomaior. O programa de música clásica en espazos patrimoniais da provincia Música non Ar, organizado pola Deputación, arrinca o próximo día 28, ás 22.00 horas, no castelo de Soutomaior. Trátase do concerto da Orquestra Clásica de Vigo e Cintaadhesiva co seu proxecto Retrato […]