Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Desfile da Coca

Ás 12:00h comeza o desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños, acompañada por xigantes e Cabezudos ao son do grupo de gaitas O Carballo das Cen Pólas.

Danza das Espadas

Baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas na Praza de Ribadavia.

Misa e Procesión da Festa da Coca

Ás 12:00h comeza a misa na Igrexa de Vilavella. despois, terá lugar a Procesión polas rúas de Vilavella, decoradas con alfombras florais, acompañada pola Danza das Espadas, das penlas e a Banda de Música de Chapela.

Concerto da Banda de Música de Chapela

Ás 18:00h terá lugar o concerto da Banda de Música de Chapela na Alameda de Castelao. Un dos moitos concertos programados pola Festa da Coca de Redondela.

Evento “Patina na Rúa”

Ás 18:00h terá lugar o evento de patinaxe "Patina na Rúa" na pista da Xunqueira. Unha exhibición de patinaxe ao aire libre que entra dentr da programación da Festa da Coca de Redondela.

Concerto do Combo Dominicano

Ás 22:00h terá lugar o concerto do Combo Dominicano no Campo da Feira. Este será o último concerto que pechará a programación da Festa da Coca de Redondela.

Asemblea Comunidade de Montes do Viso

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso convoca as comuneiras e comuneiros á asemblea ordinaria o vindeiro domingo 26 de xuño ás 11h en segunda convocatoria. A asemblea celebarase no polideportivo da Gándara, no caso de choiva trasladarase á Sociedade de Agricultores, e trataranse os tradicionais puntos do estado de contas, altas […]

Proxección do documental “Welcome to ma maison” no Multiúsos

O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará desde esta fin de semana a súa cuarta sesión coa proxección no concello Redondela da película “Welcome to ma maison”, finalista nas categorías a mellor documental e mellor montaxe nos XX premios Mestre Mateo. O ciclo, que […]

A orquestra clásica de Vigo actúa en Soutomaior

A Orquestra Clásica de Vigo actúa o día 28 no castelo de Soutomaior. O programa de música clásica en espazos patrimoniais da provincia Música non Ar, organizado pola Deputación, arrinca o próximo día 28, ás 22.00 horas, no castelo de Soutomaior. Trátase do concerto da Orquestra Clásica de Vigo e Cintaadhesiva co seu proxecto Retrato […]

Campamento nautico en Chapela

O Círculo de Chapela pon en marcha un campamento náutico para a conciliación familiar Co obxecto de facilitar a conciliación laboral e familiar pero tamén ofertar aos nenos e nenas da parroquia actividades diversas, o Círculo Cultural de Chapela propón un campamento cun programa cheo de deportes náuticos.Vela, kaiak, paddle surf ou banana así como […]

Música de Antonio Barros

O campo de San Pedro en Cesantes acolle o venres 1 de xullo ás 23:00 horas un concerto a cargo de Antonio barros quen presentará o seu espectáculo “Ialma”. Unha actividade de balde enmarcada na programación cultural do verán.