Rock con Elëven
A banda de heavy metal de Redondela, Elëven, formada en 2019 actuará o sábado 16 de xullo na praza da Casa da Torre ás 22:30 horas.
A banda de heavy metal de Redondela, Elëven, formada en 2019 actuará o sábado 16 de xullo na praza da Casa da Torre ás 22:30 horas.
O ex integrante da mítica banda Siniestro Total achegará a súa proposta musical en solitario nun concerto que se desenvolverá na praza da Casa da Torre o sábado 16 ás 23:45 horas. Organiza o Concello de Redondela.
A coral redondelá celebra o seu 50 aniversario cun concerto na praza da Casa da Torre o domingo 17 de xullo ás 21:00 horas. Organiza Concello de Redondela.
A formación de folk de Redondela actuará o venres día 22 de xullo na Praza da Casa da Torre ás 22:00 horas. Un grupo cun repertorio no que mesturan as músicas tradicionais galegas con música balcánica e de tradición mediterránea. Organiza a Concellería de Cultura.
Concerto de Dani Fernández no Peirao de Arcade o venres 22 ás 22:30 horas. Entrada de balde para un concerto enmarcado na Xira do Xacobeo
O sábado 23 ás 23:00 horas o músico e compositor Roi Casal presenta o espectáculo Descubrindo a Habana Galega en Soutomaior da man do Musigal. Entrada de balde no Peirao de Arcade
Unha das gaiteiras galegas con más recoñecementos nacional e internacional chega a Redondela para conmemorar o Día da Patria. Será cun concerto no paseo marítimo de Chapela o domingo 24 ás 22:00 horas con entrada de balde.
Concerto de música tradicional para celebrar o 25 de xullo en Redondela. Concerto de balde no Campo da feira de Redondela ás 22:00 horas no que Xisco Feijoó achegará a súa última proposta Peixe. Organiza Concello de Redondela.
Unha das bandas míticas do panorama musical estatal, subirase ao escenario o día 27 de xullo ás 22:00 horas no Campo da Feira de Redondela para ofrecer os seus temas clásicos e as novas composicións. Un concerto enmarcado na súa xira en formato eléctrico.
O artista afincado en Redondela presenta o seu segundo disco en solitario “Ascensión”. Pop, rock e algún toque indie para un concerto de balde que se desenvolverá o día 29 de xullo ás 22:00 horas na praza da Casa da Torre. Organiza o Concello de Redondela.
A orquestra Noche de estrella actúa no paseo marítimo de Chapela o sábado 30 ás 22:00 horas.
O torreiro da parroquia de Reboreda acolle a XVIII Festival internacional de Reboreda organizado pola asociación O Carballo das cen pólas e o concello. O día 30 de xullo ás 20:00 horas.