Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Sheyla Patricia en concerto

A artista redondelá actuará na praza da Casa da Torre o día 13 de agosto ás 22:00 horas. Unha actuación na que presentará o seu último disco A Moura co que está a triunfar a nivel nacional e internacional.

3.COM en Reboreda

O trío musical 3.COM actúa ao 13 de agosto ás 22:00 horas no torreiro de Reboreda

Airiños do Mar de Teis

Os amantes da canción tradicional galega poderán gozár coa actuación da agrupción Airiños do Mar de Teis o 14 de agosto no torreiro do Centro Cultural A Miñoteira. O concerto arrancará ás 21:30 horas completamente de balde.

Pa ti na má

O grupo vigués é un referente dentro do seu estilo marcdo pola rumba, o flamenco máis pop e temas propios. Poderá escoitarse o venres 19 de agosto na Almaeda Rosalí de Castro en Chapela ás 21:30 horas

Herdeiros da Crus no Entroido de Verán

Un ano máis Redondela celebra o terceiro sábado de agosto (día 20) o xa tradicional entroido de verán que chega a súa XXIII edición. Unha cita festiva que contará coaas actuacións musicais de Herdeiros da Crus e De Vacas.

A Rondalla regresa a Redondela

A Rondalla de Redondela súbese ao escenario nesta ocasión na Casa da Torre para ofrecernos un concerto o domingo 21 de agosto ás 21:00 horas. Unha proposta musical enmarcada na programación cultural do Concello.

As Abeleiras en concerto

O grupo folk Abeleiras de Alxán ofrece o día 26 de agosto ás 22:00 horas un concerto na praza da Casa da Torre.

Reboreda en Jazz

A música Jazz será a protagonista neste evento que se desenvolverá na Finca do Carballo das Cen Polas o 27 de agosto ás 20:00 horas

Música no torreiro de Cedeira

A Coral a Raída de Cedeira e o grupo Cantares do Brión actúan os 28 de agosto no torreiro de Cedeiras. Un concerto ás 21:00 horas.

Pillabands en Chapela

A banda PillaBands bebe de diferentes ritmos do folclore mundial.  Cumbias, Rumba, Tango, Reagge, Balkan, Swing pasando polo filtro do folclore galego. Nun show con interacción co público chega a Chapela cun evento orientado a todos os públicos. O 2 de setembro ás 21:00 horas na Alameda Rosalía de Castro.

Concerto na Igrexa de Redondela

A Igrexa de Santiago estrea o ciclo de música antiga " Un Camiño ben temperado" no que o arpista Manuel Vilas, ofrecerá o espectáculo " Luz e norte: Música para harpa no mundo hispano" Séculos XVI ao XVIII. O sábado 03 ás 21.00h con entrada libre e de balde ata completar a capacidade máxima.

RMS na Praza da Casa da Torre

O grupo redondelán RMS ofrece un concerto o 3 de setembro ás 21:30 horas na praza da Casa da Torre. Esta formación caracterízase polas súas versións de cancións clásicas do rock.