Airiños do Mar de Teis
Os amantes da canción tradicional galega poderán gozár coa actuación da agrupción Airiños do Mar de Teis o 14 de agosto no torreiro do Centro Cultural A Miñoteira. O concerto arrancará ás 21:30 horas completamente de balde.
Os amantes da canción tradicional galega poderán gozár coa actuación da agrupción Airiños do Mar de Teis o 14 de agosto no torreiro do Centro Cultural A Miñoteira. O concerto arrancará ás 21:30 horas completamente de balde.
O grupo vigués é un referente dentro do seu estilo marcdo pola rumba, o flamenco máis pop e temas propios. Poderá escoitarse o venres 19 de agosto na Almaeda Rosalí de Castro en Chapela ás 21:30 horas
Un ano máis Redondela celebra o terceiro sábado de agosto (día 20) o xa tradicional entroido de verán que chega a súa XXIII edición. Unha cita festiva que contará coaas actuacións musicais de Herdeiros da Crus e De Vacas.
A Rondalla de Redondela súbese ao escenario nesta ocasión na Casa da Torre para ofrecernos un concerto o domingo 21 de agosto ás 21:00 horas. Unha proposta musical enmarcada na programación cultural do Concello.
O grupo folk Abeleiras de Alxán ofrece o día 26 de agosto ás 22:00 horas un concerto na praza da Casa da Torre.
A música Jazz será a protagonista neste evento que se desenvolverá na Finca do Carballo das Cen Polas o 27 de agosto ás 20:00 horas
A Coral a Raída de Cedeira e o grupo Cantares do Brión actúan os 28 de agosto no torreiro de Cedeiras. Un concerto ás 21:00 horas.
A banda PillaBands bebe de diferentes ritmos do folclore mundial. Cumbias, Rumba, Tango, Reagge, Balkan, Swing pasando polo filtro do folclore galego. Nun show con interacción co público chega a Chapela cun evento orientado a todos os públicos. O 2 de setembro ás 21:00 horas na Alameda Rosalía de Castro.
A Igrexa de Santiago estrea o ciclo de música antiga " Un Camiño ben temperado" no que o arpista Manuel Vilas, ofrecerá o espectáculo " Luz e norte: Música para harpa no mundo hispano" Séculos XVI ao XVIII. O sábado 03 ás 21.00h con entrada libre e de balde ata completar a capacidade máxima.
O grupo redondelán RMS ofrece un concerto o 3 de setembro ás 21:30 horas na praza da Casa da Torre. Esta formación caracterízase polas súas versións de cancións clásicas do rock.
Dentro das actuacións folk da programación de verán, os afeccionados contan coa presenza do grupo Tanto Nos Ten. Nas súas cancións recorren ás letras tradicionais pero tamén a composición propias qeu complementas con ritmos bailables de pasodobres, muiñeiras, mazurcas ou fox trotes. O 4 de setembro ás 21:00 horas na praza da Casa da Torre.
Arxe emprega a música de raiz mesturada coa música de autor para crear o seu propio selo. Un repertorio que fai unha viaxe polas músicas e ritmos galegos mesturándoo con influencias doutros folclores e ritmos. Actuarán o 9 de setembro ás 21:00 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela