Reboreda en Jazz
A música Jazz será a protagonista neste evento que se desenvolverá na Finca do Carballo das Cen Polas o 27 de agosto ás 20:00 horas
A música Jazz será a protagonista neste evento que se desenvolverá na Finca do Carballo das Cen Polas o 27 de agosto ás 20:00 horas
A Coral a Raída de Cedeira e o grupo Cantares do Brión actúan os 28 de agosto no torreiro de Cedeiras. Un concerto ás 21:00 horas.
A banda PillaBands bebe de diferentes ritmos do folclore mundial. Cumbias, Rumba, Tango, Reagge, Balkan, Swing pasando polo filtro do folclore galego. Nun show con interacción co público chega a Chapela cun evento orientado a todos os públicos. O 2 de setembro ás 21:00 horas na Alameda Rosalía de Castro.
A Igrexa de Santiago estrea o ciclo de música antiga " Un Camiño ben temperado" no que o arpista Manuel Vilas, ofrecerá o espectáculo " Luz e norte: Música para harpa no mundo hispano" Séculos XVI ao XVIII. O sábado 03 ás 21.00h con entrada libre e de balde ata completar a capacidade máxima.
O grupo redondelán RMS ofrece un concerto o 3 de setembro ás 21:30 horas na praza da Casa da Torre. Esta formación caracterízase polas súas versións de cancións clásicas do rock.
Dentro das actuacións folk da programación de verán, os afeccionados contan coa presenza do grupo Tanto Nos Ten. Nas súas cancións recorren ás letras tradicionais pero tamén a composición propias qeu complementas con ritmos bailables de pasodobres, muiñeiras, mazurcas ou fox trotes. O 4 de setembro ás 21:00 horas na praza da Casa da Torre.
Arxe emprega a música de raiz mesturada coa música de autor para crear o seu propio selo. Un repertorio que fai unha viaxe polas músicas e ritmos galegos mesturándoo con influencias doutros folclores e ritmos. Actuarán o 9 de setembro ás 21:00 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela
A praza da Casa da Torre acolle este sábado 10 ás 19:00 horas a edición número 26 do festival de bandas de música de Redondela coa participación da Banda de música de Arca, a Banda de música de Vilatuxe e a banda de música de Chapela.
Monólogo teatral "Entre un par de maletas a medio abrir e as agullas do reloxo", un espectáculo a cargo de Andrea Castro e Pablo Carrera de Vicus teatro. Unha proposta de balde no Multiúsos de Arcade o sábado 17 de setembro ás 21:00 horas
A Asociación de veciños de Chapela organiza un circuito turístico pola Ribeira Sacra. A actividade desenvolverase o domingo 18 de setembro e os participantes terá a oportunidade de visitar o río Miño e os Canóns do Sil en autocar, con paradas nos seus miradoiros, outeiros, viñedos e pobos. Na xornada está prevista tamén a visita […]
O Castelo de Soutomairo acolle a exposición “Pontevedra en América: unha mirada en feminino”, Unha mostra que se inaugurará o luns 19 ás 19:30 horas e que contará coa presenza da presidenta da deputación, Carmela Silva e o alcalde da localidade, Agustín Reguera. Visitarán a exposición guiada por María Xosé Rodríguez Galdo, catedrática emérita de […]
A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolle o xoves 22 ás 18:30 horas unha nova actividade de contacontos orientada a nenos e nenas de 3 a 8 anos. O espectáculo leva pro título “Al abrigo de los cuentos” e correrá a cargo da actriz e contadora asturiana Olga Cuervo. Para participar nesta actividade compre inscrición […]