Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

RMS na Praza da Casa da Torre

O grupo redondelán RMS ofrece un concerto o 3 de setembro ás 21:30 horas na praza da Casa da Torre. Esta formación caracterízase polas súas versións de cancións clásicas do rock.

Tanto nos ten

Dentro das actuacións folk da programación de verán, os afeccionados contan coa presenza do grupo Tanto Nos Ten. Nas  súas cancións recorren ás letras tradicionais pero tamén a composición propias qeu complementas con ritmos bailables de pasodobres, muiñeiras, mazurcas ou fox trotes. O 4 de setembro ás 21:00 horas na praza da Casa da Torre.

Arxe en Chapela

Arxe emprega a música de raiz mesturada coa música de autor para crear o seu propio selo. Un repertorio que fai unha viaxe polas músicas e ritmos galegos mesturándoo con influencias doutros folclores e ritmos. Actuarán o 9 de setembro ás 21:00 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela

Festival de Bandas de música

A praza da Casa da Torre acolle este sábado 10 ás 19:00 horas a edición número 26 do festival de bandas de música de Redondela coa participación da Banda de música de Arca, a Banda de música de Vilatuxe e a banda de música de Chapela.

Teatro en Arcade

Monólogo teatral "Entre un par de maletas a medio abrir e as agullas do reloxo", un espectáculo a cargo de Andrea Castro e Pablo Carrera de Vicus teatro. Unha proposta de balde no Multiúsos de Arcade o sábado 17 de setembro ás 21:00 horas

Excursión á Riberia Sacra

A Asociación de veciños de Chapela organiza un circuito turístico pola Ribeira Sacra. A actividade desenvolverase o domingo 18 de setembro e os participantes terá a oportunidade de visitar o río Miño e os Canóns do Sil en autocar, con paradas nos seus miradoiros, outeiros, viñedos e pobos. Na xornada está prevista tamén a visita […]

Pontevedra en América: unha mirada en feminino

O Castelo de Soutomairo acolle a exposición “Pontevedra en América: unha mirada en feminino”, Unha mostra que se inaugurará o luns 19 ás 19:30 horas e que contará coa presenza da presidenta da deputación, Carmela Silva e o alcalde da localidade, Agustín Reguera. Visitarán a exposición guiada por María Xosé Rodríguez Galdo, catedrática emérita de […]

Contacontos en Chapela con Olga Cuervo

A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolle o xoves 22 ás 18:30 horas unha nova actividade de contacontos orientada a nenos e nenas de 3 a 8 anos. O espectáculo leva pro título “Al abrigo de los cuentos” e correrá a cargo da actriz e contadora asturiana Olga Cuervo. Para participar nesta actividade compre inscrición […]

Festival folclórico Anaquiños en Chapela

O grupo Anaquiños celebra o seu festival folclórico este sábado no Multiúsos de Chapela O Multiúsos do Piñeiral acolle este sábado ás 19:00 horas un festival folclórico que contará coa participación do grupo Asociación de Danzas “Pan y Guindas” de Palencia e o grupo folclórico de Barcelinhos de Portugal, así como o grupo organizador. A […]

Música instrumental con Ismael Cabaleiro

O violinista natural de Arcade presenta o seu novo disco Intres. Licenciado en jazz e música ofrecerá un concertó o sábado 24 de setembro no Multiúsos de Arcade ás 21:30 horas.

Roteiro Monte Buxel

Continúa o programa de visitas guiadas para coñecer o patrimonio natural e arqueolóxico do noso concello e nesta ocasión a cita será o domingo 25 cunha saída para percorrer o monte Buxel. Unha actividade de balde, promovida polo Concello de Redondela, e guiada polo arqueólogo Xurxo Constela. Visitarase o Monte Buxel, un enclave arqueolóxico situado […]

Concerto na Igrexa de Reboreda

O programa de música clásica en espazos patrimoniais da provincia que organiza a Deputación de Pontevedra achega este domingo ás 19:00 horas ao templo de Reboreda un espectáculo a cargo das músicas Andrea González e Clara Planas. Unha actuación na que se presenta a fascinante historia do español Rosendo Salvado, fundador da única cidade monástica […]