Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xuntanza coa veciñanza de Trasmañó

O Goberno local continua este venres 7 de outubro o programa de reunións cos colectivos veciñais e a veciñanza en xeral das parroquias, nun encontro que terá lugar a partir das 20 horas, no Centro Cultural de Trasmañó.

Proxección Ciudad de la selva

Redondela acolle a proxección de “Ciudad de la selva” sobre os guerrilleiros nos montes de Casaio. O Multiusos da Xunqueira acolle este venres día 7 ás 20:00 horas a proxección do documental "Ciudad de la Selva: fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio”. A continuación terá lugar unha conversa co seu director Miguel  Riaño e parte […]

Astrolabios no Multiúsos

A biblioteca de Redondela organiza o sábado, 8 de outubro, o espectáculo “Astrolabios“,  da compañía Tarabela Creativa, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira (Redondela), ás 19:30 horas. Un espectáculo de contacontos no que se aprenderá dos planetas, do espazo e das estrelas.

Excursión Passadiços do Paiva

A Asociación de veciños de Chapela organiza unha excursión aos Passadiços do Paiva en Portugal. A excursión celebrarase o día 9 de outubro e está aberta a toda aquela persoa que desexe coñecer este espazo de grande relevancia natural. Máis información no local da Asociación de Veciños ou chamando ao teléfono 649 37 60 94.

Proxección Ostras. O peche do mar

O documental sobre o conflitivo proxecto de parque ostrícola para Cesantes chega ao Multiúsos. O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy presenta o vindeiro 9 de outubro ás 18:00 horas no multiusos da Xunqueira en Redondela o documental Ostras. O Peche do mar, un traballo impulsado pola directiva da entidade e dirixido polo redondelán Fernando Carreira […]

Festival de corais en Cabeiro

O Centro Cultural de Cabeiro celebra este mércores día 12 o Festival do Pilar, a partir das 18.30 horas, coas actuacións da coral de San Esteban de Negros, o grupo vocal Loureiro Verde e a coral polifónica Ou Coto do Carballal. A entrada é libre.

Le Cirque con Cayetano Lledó

O domingo 16 de outubro ás seis da tarde arranca o V Ciclo Infantil de Teatro cunha obra de teatro e maxia para toda a familia inspirado tanto no teatro clásico como nas correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico de Cayetano Lledó. As persoas que asistan ao espectáculo Le Cirque descubrirán o mundo […]

Teatro en Cedeira

O Centro cultural de Cedeira acolle a representación da obra “Onte” a cargo do grupo Fonde da tella de Soutomaior. O domingo 16 ás 18:30 horas con entrada de balde. A obra está inspirada no título “Onte sen ir máis lonxe” de Jorge Díaz.

Premio Sesé Mateo de xornalismo ético

O Concello de Redondela presentou o II Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento e comunicación da violencia machista, un certame que busca recoñecer o traballo que realizan as e os profesionais do xornalismo que fuxan dos sensacionalismos e salvagarden a intimidade tanto das vítimas coma das súas familias. A segunda edición do Premio […]

Cine no Multiúsos

Proxección da película Malenconía o sábado 22 de outubro ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Un acto enmarcado no ciclo de cine Mestre Mateo, iniciativa da Academai Galegado Audiovisual en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Sira e Pepe, tras 10 anos vivindo en Berlín, deciden dar un novo rumbo á súa vida regresando a […]

Riquiña con Jazmín Abuín

A humorista e actriz Jazmín Abuín chaga a Redondela co seu monólogo Riquiña. Unha proposta de humor que se poderá ver o domingo 23 de outubro no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas. Entrada 3 euros. Organiza o Concello de Redondela.

Obradoiro infantil Caixa, caixiña, caixón

A Biblioteca Xela Arias de Chapela festexa o Día das Bibliotecas cun obradoiro infantil da man de Andamiaxe Innova. Unha proposta de achegamento literario e creativo onde nenas e nenos descubrirán mil e unha historias. O 25 de outubro ás 18:30 horas na Biblioteca de Chapela orientado a idades comprendidas entre os 6 e os […]