Visitas Castelo de Soutomaior
As entrada para as visitas que se van desenvolver no Castelo durante todo o mes de outubro e que buscan vivir o Samaín doutro xeitos pódense adquirir no enderezo www.castelodesoutomaior.com e teñen un prezo de 8 euros.
As entrada para as visitas que se van desenvolver no Castelo durante todo o mes de outubro e que buscan vivir o Samaín doutro xeitos pódense adquirir no enderezo www.castelodesoutomaior.com e teñen un prezo de 8 euros.
A Asociación de veciños de Chapela organiza o sábado 29 de outubro un magosto popular de balde que arrancará ás 17:00 horas no Multiúsos do Piñeiral. Unha xornada de convivencia para gozar das castañas na que colabora o Concello de Redondela.
Actriz, titiriteira e contadora ourensá , Alba Grande chega ao Multiúsos de Chapela coa proposta de contacontos “Contos arredor da terra”. O 29 de outubro ás 18:30 horas no Piñeiral do Crego con entrada de balde.
O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado 29 ás 19:00 horas a III edición do festival Casto Sampedro coas actuacións dos grupos O Carballo das Cen Pólas e o grupo Inquedanzas de Tui. Unha proposta de música folk organizado pola Asociación Carballo das Cen Pólas en colaboración e o Concello de Redondela con entrada de […]
O obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy convoca unha nova edición do seu concruso fotográfico que repartirá 775 euros en premios. Conta con dúas categoráis: xuvenisl (ata 17 anos ) e adultos. As persoas participantes deberán enviar os seus orixinais en formato dixital ao enderezo obradoiro@estudoslocais.org e a copia en papel deberán facela chegar ao […]
O Centro Cultural de Cedeira acolle este domingo unha tarde de actividades co gallo da celebración do Samaín. O programa arrancará ás 17:00 horas cun obradoiro de maxia dedicado aos máis cativos. A partir das 18:30 haberá actuación do mago Marcos que ofrecerá un espectáculo de terror e maxia para todos os públicos. A entrada […]
O Pavillón de Reboreda será o espazo que albergue estas actividades en horario de 9:00 a 14:00 horas. Un programa que inclúe busco de tesouros e diferentes xogos para que os rapaces pasen unha mañá divertida. A inscrición debe facerse no teléfono o 687 80 81 78 e o prezo é de 10 euros para […]
O Concello de Redondela organiza na noite de defuntos unha ruta nocturna polos petróglifos de Monte Penide/Mirallo. Un percorrido guiado a cargo do arqueólogo Xurxo Constela na noite do 31 ao 1 de novembro con prazas limitadas, polo que compre inscribirse no teléfono 600 381782.
A Deputación de Pontevedra ten aberto o prazo de inscrición para a penúltima das rutas ornitolóxicas programadas dentro da quinta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais […]
O actor e monologuista actuará en Redondela o 6 de novembro ás 19:30 horas. Unha cita enmarcada no ciclo Humor na súa tinta.
O Concello de Soutomaior organiza este sábado 12 a partir das 17:00 horas un magosto no que se repartirán de balde castañas asadas. Será no Campo de San Benito de Romaríz e haberá contos para a cativada da man de Alba de Vales. A partir das seis o magosto amenizarase con música popular.
O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado 12 de novembro ás 20:00 horas un concerto a cargo da agrupación Airiños do Mar de Teis., enmarcada na programación de outono do concello de Redondela.Entrada de balde.