Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concurso fotográfico Fernando Monroy

O obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy convoca unha nova edición do seu concruso fotográfico que repartirá 775 euros en premios. Conta con dúas categoráis: xuvenisl (ata 17 anos ) e adultos. As persoas participantes deberán enviar os seus orixinais en formato dixital ao enderezo obradoiro@estudoslocais.org e a copia en papel deberán facela chegar ao […]

Cedeira celebra un Samaín máxico co Mago Marcos

O Centro Cultural de Cedeira acolle este domingo unha tarde de actividades co gallo da celebración do Samaín. O programa arrancará ás 17:00 horas cun obradoiro de maxia dedicado aos máis cativos. A partir das 18:30 haberá actuación do mago Marcos que ofrecerá un espectáculo de terror e maxia para todos os públicos. A entrada […]

O grupo Casa Paco ofrece actividades de Halloween para conciliar

O Pavillón de Reboreda será o espazo que albergue estas actividades en horario de 9:00 a 14:00 horas. Un programa que inclúe busco de tesouros e diferentes xogos para que os rapaces pasen unha mañá divertida. A inscrición debe facerse no teléfono o 687 80 81 78 e o prezo é de 10 euros para […]

Visita nocturna aos petróglifos de Monte Penide

O Concello de Redondela organiza na noite de defuntos unha ruta nocturna polos petróglifos de Monte Penide/Mirallo. Un percorrido guiado a cargo do arqueólogo Xurxo Constela na noite do 31 ao 1 de novembro con prazas limitadas, polo que compre inscribirse no teléfono 600 381782.

Ruta ornitolóxica pola enseada de San Simón

A Deputación de Pontevedra ten aberto o prazo de inscrición para a penúltima das rutas ornitolóxicas programadas dentro da quinta edición da iniciativa “Voando nas Rías Baixas”, organizada pola institución provincial en colaboración con SEO Birdlife. O obxectivo é dar a coñecer a riqueza ornitolóxica da provincia e concienciar sobre a preservación de espazos naturais […]

José Corbacho no Multiúsos

O actor e monologuista actuará en Redondela o 6 de novembro ás 19:30 horas. Unha cita enmarcada no ciclo Humor na súa tinta.

Magosto en Romariz

O Concello de Soutomaior organiza este sábado 12 a partir das 17:00 horas un magosto no que se repartirán de balde castañas asadas. Será no Campo de San Benito de Romaríz e haberá contos para a cativada da man de Alba de Vales. A partir das seis o magosto amenizarase con música popular.

Concerto Airiños do Mar de Teis

O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado 12 de novembro ás 20:00 horas un concerto a cargo da agrupación Airiños do Mar de Teis., enmarcada na programación de outono do concello de Redondela.Entrada de balde.

Músicas cativas no Viso

A Sociedade Cultural do Viso organiza para o vindeiro domingo 13 ás 12h un concerto no que a musica é a protagonista. Esta actividade está encadrada no seu programa anual de pequenos actos na Antiga Sociedade de Agricultores do Viso, Músicas Cativas. Contarase co grupo de Pandereteiras Garatuxeiras e o grupo de acordeóns Algareiros de Cidadelle. […]

Reunión do BNG no Val Sobral

Reunión do BNG de Soutomaior o mércores 16 coa veciñanza do Val-Sobral, ás 20.30 horas na Casa do Pobo. Uns encontros que baixo o lema “por un barrios vivos” buscan coñecer as inquedanzas e preocupacións de veciñanza de cara a conseguir melloras nas diferentes zonas do concello.

Concerto da Banda de Música de Chapela

O Multiúsos do Piñeiral acolle este sábado 19 ás 19:00 horas o tradicional Concerto na honra de Santa Icia, patroa dos Músicos. Este ano, a Banda de Música de Chapela contará coa colaboración dá Banda Escola de Música de Chapela e no mesmo acto farase a presentación dos novos/as compoñentes da Banda. A entrada será […]

Cine no Multiúsos

Proxección da película Tres o sábado 19 de novembro ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Un acto enmarcado no ciclo de cine Mestre Mateo, iniciativa da Academai Galegado Audiovisual en colaboración coa Deputación de Pontevedra. C. é deseñadora de son. Goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos sala, wild-tracks, editando, mesturando. […]