Visita nocturna aos petróglifos de Monte Penide
O Concello de Redondela organiza na noite de defuntos unha ruta nocturna polos petróglifos de Monte Penide/Mirallo. Un percorrido guiado a cargo do arqueólogo Xurxo Constela na noite do 31 ao 1 de novembro con prazas limitadas, polo que compre inscribirse no teléfono 600 381782.