Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro musical infantil

O Multiúsos da Xunqueira acolle o domingo 20 ás 17:00 horas o musical La Granja organizado por Pares Nones. Un espectáculo musical para toda a familia, baseado nos debuxos de La Granja de Zenón. Entrada 12 euros anticipada, 15 euros na billeteira.

Alexia Dotras presenta o seu útlimo libro

O Multiúsos da Xunqueira acolle o luns 21 de novembro, ás 20:15 horas a presentación da obra "Querido Peles y otros relatos" de Alexia Dotras Bravo. Un libro cheo de relatos intelixentemente arrepiantes,  conta coa morte como tema de fondo. Así mesmo están presentes cuestión como a violencia contra a muller, os trastornos mentais,... Alexia […]

Obradoiro literario en Chapela

Obradoiro "Xoguemos a poetizar", con Miguel A. Alonso Diz, dentro da programación do Concello de Redondela polo 25N. Celebrarase na Biblioteca Xela Arias de Chapela, o mércores 23 de novembro, ás 18:00 h. Está orientado a nenos e nenas de entre 8 a 12 anos. Compre inscrición previa na biblioteca.

Noelia Míguez presenta “Ocho señales, cuestión de vida o muerte”

Unha presentación literaria o mércores 23 ás 19:30 no Multiúsos da Xunqueira enmarcada dentro dos actos do 25N que organiza o Concello e que contará coa presenza de Noelia Míguez e o seu libro “Ocho señales, Cuestión de vida o muerte”. Un relato en primeira persoa dunha muller que sufriu nas súas propias carnes a […]

Acto Institucional 25N

O venres 25 terá lugar o acto institucional ás doce do mediodía na praza do Concello. Un acto que contará coa presentación do libro “Bambú” de Isabel Blanco e a posterior ofrenda floral e lecturas de poemas no Salgueiral.

II Gala premios Sesé Mateo

A programación do 25N que organiza o Concello de Redondela rematará coa II gala dos premios de Xornalismo ético que se desenvolverá o propio venres 25 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. A mestra de cerimonias será a actriz Arantxa Treus nun acto no que se dará a coñecer a persoa gañadora desta segunda […]

Magosto Sinha Paca en Quintela

A Asociación Sinha Paca organiza o seu IV Magosto en colaboración co Concello de Redondela e a Asociación Cultural e Recreativa de Quintela. Celebrarase o sábado 26 de Novembro no adro da Festa de Quintela con inicio ás 12:30 co pregón a cargo do actor Andrés Giráldez, sesión vermú con música de Harpo, chico y […]

Concerto de Airiños da Peneda

O Multiúsos de Chapela acolle un concerto a cargo da formación Airiños da Peneda o sábado 26 ás 20:00 horas con entrada de balde. Unha actividade enmarcada na programación de outono do Concello.

Saída micolóxica por Monte Penide

Unha actividade organizada pola Concellería de Medio Ambiente que se vai realizar o domingo 27 ás 10:00 horas con saída dende a Mámoa do Rei en Monte Penide e que contará coas explicacións dun recoñecido micólogo, o presidente da asociación micolóxica Brincabois, Jaime Blando. Unha proposta orientada a público familiar que pode ir acompañado polas […]

Teatro infantil

O Multiúsos da Xunqueira acolle o 27 de novembro ás 18:00 horas unha nova obra de teatro enmarcada no ciclo infantil que organiza o Concello de Redondela. Nesta ocasión a compañía Pedras de Cartón achéganos a obra Quixote, un espectáculos para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras. Don […]

Fornelos convoca o XI Premio de Poesía “Manuel Lueiro Rey”

O Concello de Fornelos de Montes, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, convocou o XI Premio de Poesía “Manuel Lueiro Rey”. Poderán concorrer ao certame poemas escritos en galego normativo, cunha extensión de entre 500 e 800 versos. Recibe orixinais ata o 30 de novembro. O […]