Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quen dixo medo?

Os actores Carlos Blanco e Oswaldo Digón protagonizan a comedia que se poderá ver o domingo 4 de decembro no multiusos da Xunqueira “Quen dixo medo?”, ás 20:00 horas. O prezo das entradas é de 5 euros e poden adquirirse no propio Multiúsos. Blanco e Digón subiranse ao escenario para presentar un show en parte improvisado […]

Acendido Iluminación Nadal Redondela

O Alumeado de Nadal acenderase na Praza do Concello o día 10 e incluirá actividades paralelas como o pasarrúas a cargo de Pablo Méndez perfomances , Latexo Percusión e a presenza da Coca Simona.

Fla-meco no Multiúsos

Catro grovense que converteron a súa paixón polo flamenco nun grupo que trunfa nos escenarios. Estarán o sábado 10 de decembro ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde.

Hugo chega ao Multiúsos

A compañía Os Náufragos teatro chega ao Multiúsos o 11 de decembro ás 18:00 horas cunha proposta recoñecida co premio María Casares como mellor espectáculo infantil neste 2022: Hugo, Unha historia en torno a un neno ao que lle gustan moito os avións e tamén toca o piano. Un neno diferente. Laia visita a Hugo. […]

Acendido iluminación nadal Chapela

O Alumeado de Nadal de Chapela terá lugar na Alameda de Rosalía de Castro o día 11 de cemebor. nTerá actividades paralelas como o pasarrúas a cargo de Pablo Méndez, perfomances,  Latexo Percusión e presenza da Coca Simona.

Panxoliñas en Cedeira

O Centro cultural de Cedeira acolle o domingo 11 un concerto a cargo da orquestra de saxos do Conservatorio Victor Ureña de Redondela. Unha actuación que terá lugar ás 18:00 horas cun repertorio cargado de música de Nadal e Panxoliñas. A entrada é libre ata completar o aforo.

Concerto de Nadal na Igrexa de Reboreda

A Sociedade Labrego cultural de Reboreda organiza este venres 16 de decembro ás 19.30 horas un concerto de Nadal no templo da parroquia de Santa María de Reboreda. Unha actuación a cargo da orquestra de saxos do Conservatorio de Redondela á que lle seguirá un petisco de doces de Nadal acompañados de sidra. A actividade […]

Teatro infantil en Cabeiro

Arranca o I ciclo infantil interparroquial coa compañía Animar-T e a obra A bailar no nadal. Un show interactivo con cancións en vivo, xogos, bailes divertidos, marionetas xigantes e outras sorpresas. O 17 de decembro no centro cultural de Cabeiro ás 18:00 horas. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.

Papanoelada Motera

Organizado polo Moto Club de Redondela e o Concello as rúas terán un desfile de moteros e moteras coa temática de nadal.

Paco Nogueiras no Viso

A Sociedade Cultural do Viso acolle o 18 de decembro ás 18:00 horas o espectáculo musical Radio Bule Bule a cargo de Paco Nogueiras. Unha proposta enmarcada no ciclo de teatro infantil interparroquial Queremos galego. Entrada de balde.