Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Hugo chega ao Multiúsos

A compañía Os Náufragos teatro chega ao Multiúsos o 11 de decembro ás 18:00 horas cunha proposta recoñecida co premio María Casares como mellor espectáculo infantil neste 2022: Hugo, Unha historia en torno a un neno ao que lle gustan moito os avións e tamén toca o piano. Un neno diferente. Laia visita a Hugo. […]

Acendido iluminación nadal Chapela

O Alumeado de Nadal de Chapela terá lugar na Alameda de Rosalía de Castro o día 11 de cemebor. nTerá actividades paralelas como o pasarrúas a cargo de Pablo Méndez, perfomances,  Latexo Percusión e presenza da Coca Simona.

Panxoliñas en Cedeira

O Centro cultural de Cedeira acolle o domingo 11 un concerto a cargo da orquestra de saxos do Conservatorio Victor Ureña de Redondela. Unha actuación que terá lugar ás 18:00 horas cun repertorio cargado de música de Nadal e Panxoliñas. A entrada é libre ata completar o aforo.

Concerto de Nadal na Igrexa de Reboreda

A Sociedade Labrego cultural de Reboreda organiza este venres 16 de decembro ás 19.30 horas un concerto de Nadal no templo da parroquia de Santa María de Reboreda. Unha actuación a cargo da orquestra de saxos do Conservatorio de Redondela á que lle seguirá un petisco de doces de Nadal acompañados de sidra. A actividade […]

Teatro infantil en Cabeiro

Arranca o I ciclo infantil interparroquial coa compañía Animar-T e a obra A bailar no nadal. Un show interactivo con cancións en vivo, xogos, bailes divertidos, marionetas xigantes e outras sorpresas. O 17 de decembro no centro cultural de Cabeiro ás 18:00 horas. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.

Papanoelada Motera

Organizado polo Moto Club de Redondela e o Concello as rúas terán un desfile de moteros e moteras coa temática de nadal.

Paco Nogueiras no Viso

A Sociedade Cultural do Viso acolle o 18 de decembro ás 18:00 horas o espectáculo musical Radio Bule Bule a cargo de Paco Nogueiras. Unha proposta enmarcada no ciclo de teatro infantil interparroquial Queremos galego. Entrada de balde.

Papá Noel nas parroquias

Este ano, o programa estrea unha actividade coa cativada como protagonista: a visita persoal de Papa Noel nas parroquias do 20 ao 23 de decembro de 16 horas a 20:30 horas. Pasará a saudar e felicitar o nadal nas 13 parroquias que compoñen o municipio, en puntos sinalizados ou centros socioculturais a disposición da veciñanza.

O tranvía Leonardo chega a Cedeira

Un espectáculo de narración oral para a infancia con monicreques e música en que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia, protagonista de innumerábeis cancións e anécdotas. O día 22 de decembro ás 18:00 horas no Centro cultural de Cedeira a cargo da compañía Fantoches Baj. Organiza o Concello de Redondela. […]

Musical: A fraga do meu avó

Para tódolos públicos, de balde, no Multiúsos da Xunqueira. Musical: A fraga do meu avó de Mamá Cabra.