Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Bolechas visitan Chapela

Os Bolechas regresan a Redondela a presentarnos un espectáculo familiar coa burxa Befana. Desta volta, cos Bolechas o público vai coñecer outras formas de celebrar o Nadal, e outras personaxes destas datas. De feito preséntannos a Befana, a encargada de levarlles doces e xoguetes á rapazada italiana nestas datas tan especiais. O venres 30 ás […]

Concerto benéfico no Multiúsos

O pianista redondelán Alejo Amoedo e a mezzosoprano Nuria Lorenzo ofrecerán un concerto este venres 30 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a favor da Asociación española contra o cancro en Redondela. A entrada custa 10 euros que irán a parar á asociación. As entradas pódense adquirir no propio Multiúsos ou chamando aos teléfono […]

Pre Fin de Ano Adultos

Coas actuacións da orquestra París de Noia e Disco Móbil CDC no Campito da Feira, de balde.

Pakolas: Rockeando con Ramona Órbita

O día 3 de xaneiro estará no multiusos da Xunqueira Pakolas co seu espectáculo musical para os máis cativos e cativas. Presenta  “Ramona Órbita, a dona do tempo”  a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten  unha máquina do tempo.

O Gran Circo Galego

O gran circo galego da compañía ODAIKO estará en Redondela o día 4 de xaneiro ás 19 horas da tarde no auditorio da xunqueira, cun prezo de 3 euros.

A viaxe de Rosalía en Reboreda

Larraitz Produccións actuará o 4 de xaneiro no Centro Cultural de Reboreda ás 18:00 horas. Presenta a obra A viaxe de Rosalía, un espectáculo de monicreques unipersoal sobre Rosalía de Castro, onde da man da narradora e titiriteira, Larraitz Urruzola e con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, coñeceremos parte da obra Rosaliana […]

Cabalgata dos Reis Magos

A cabalgata de reis celébrase o 5 de xaneiro a partir das 18 horas da tarde. O percorrido polas rúas de Redondela comeza en Vilavella, dá a volta no  Campo da Feira e fai parada no concello para recibir os nenos e nenas. O percorrido polas rúas de Chapela comeza no alto da Encarnación ata […]

Concerto solidario: 33 RPM e Retroblues

Concerto solidario o 7 de xaneiro ás 19:30 horas no Multiusos da Xunqueira.  Tocan os grupos redondelás 33 RPM e Retroblues. A entrada custa 4 euros e ao rematar o concertó haberá unha festa na Barraca de Fredy (o prezo da entrada inclúe unha consumición neste local).

Baobad teatro no Multiúsos

Ris Ras é un espectáculo orientado a público familiar que nos fará viaxar a través da música. Os enredos e as historias tradicionais da man dun trasno do amor entre Catarina e Lorenzo (A lúa e o Sol). Unha obra que pecha o V Ciclo de teatro infantil que organiza o concello de Redondela. O […]

Jaime Caravaca en Redondela

O actor e monologuista actuará no Multiúsos da Xunqueira o 15 de xaneiro ás 19:30 horas. Unha cita enmarcada no ciclo Humor na súa tinta.