Festa Infantil de Fin de Ano (Redondela e Chapela)
Na Praza da Cosntitución e na Alameda de Rosalía de Castro de forma simultánea.
Na Praza da Cosntitución e na Alameda de Rosalía de Castro de forma simultánea.
Multiúsos da Xunqueira, de balde.
O día 3 de xaneiro estará no multiusos da Xunqueira Pakolas co seu espectáculo musical para os máis cativos e cativas. Presenta “Ramona Órbita, a dona do tempo” a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo.
O gran circo galego da compañía ODAIKO estará en Redondela o día 4 de xaneiro ás 19 horas da tarde no auditorio da xunqueira, cun prezo de 3 euros.
Larraitz Produccións actuará o 4 de xaneiro no Centro Cultural de Reboreda ás 18:00 horas. Presenta a obra A viaxe de Rosalía, un espectáculo de monicreques unipersoal sobre Rosalía de Castro, onde da man da narradora e titiriteira, Larraitz Urruzola e con maletas cargadas de monicreques, teas, zapatos e libros, coñeceremos parte da obra Rosaliana […]
A cabalgata de reis celébrase o 5 de xaneiro a partir das 18 horas da tarde. O percorrido polas rúas de Redondela comeza en Vilavella, dá a volta no Campo da Feira e fai parada no concello para recibir os nenos e nenas. O percorrido polas rúas de Chapela comeza no alto da Encarnación ata […]
Concerto solidario o 7 de xaneiro ás 19:30 horas no Multiusos da Xunqueira. Tocan os grupos redondelás 33 RPM e Retroblues. A entrada custa 4 euros e ao rematar o concertó haberá unha festa na Barraca de Fredy (o prezo da entrada inclúe unha consumición neste local).
Ris Ras é un espectáculo orientado a público familiar que nos fará viaxar a través da música. Os enredos e as historias tradicionais da man dun trasno do amor entre Catarina e Lorenzo (A lúa e o Sol). Unha obra que pecha o V Ciclo de teatro infantil que organiza o concello de Redondela. O […]
O actor e monologuista actuará no Multiúsos da Xunqueira o 15 de xaneiro ás 19:30 horas. Unha cita enmarcada no ciclo Humor na súa tinta.
O sábado 21 a partir das dez da mañá xa arrancarán as festas cunha concentración de vehículos clásicos. Os organizadores confían en que se reúnan ao redor dun cento de vehículos que percorrerán a parroquia. Pola tarde ademais dos actos relixiosos na honra de San Brais ás cinco, os máis pequenos serán os protagonistas con […]
O Multiúsos do Piñeiral en Chapela a colle a representación da obra “Tapersex” a cargo da formación Expresión teatro. Unha divertida comedia onde catro mulleres reúnense para pasar a tarde nunha xuntanza de exhibición de xoguetes eróticos. Unha reunión na que irán saíndo sorpresas que non as deixarán indiferentes. O sábado 21 ás 20:00 horas […]
O domingo a Comisión de festas de Trasmañó organiza a festa do cocido “un xantar a fartar” explica Juan González dende a organización quen insiste en que ninguén quedará con fame e que os pratos encheranse de produtos de primeira calidade tanto para os que queiran degustalos na carpa climatizada como os que opten por […]