Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tapersex en Chapela

O Multiúsos do Piñeiral en Chapela a colle a representación da obra “Tapersex” a cargo da formación Expresión teatro. Unha divertida comedia onde catro mulleres reúnense para pasar a tarde nunha xuntanza de exhibición de xoguetes eróticos. Unha reunión na que irán saíndo sorpresas que non as deixarán indiferentes. O sábado 21 ás 20:00 horas […]

Festa do cocido

O domingo a Comisión de festas de Trasmañó organiza a festa do cocido “un xantar a fartar” explica Juan González dende a organización quen insiste en que ninguén quedará con fame e que os pratos encheranse de produtos de primeira calidade tanto para os que queiran degustalos na carpa climatizada como os que opten por […]

Teatro en Chapela

Chega a Chapela a obra "Os impresentables" de Atlántida de Matamá. Unha representación enmarcada dentro do ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación cultural e social de Chapela. O sábado 28 ás 20:00 horas con entrada de balde.

As conversas de Alén Nós

Vítor Vaqueiro presenta “Facedores de imaxes” un libro sobre os precursores da fotografía en Vigo. "O arquivo Pacheco debería levar o nome de Arquivo Prosperi, Otero e Pacheco" con esta afirmación o fotógrafo, ensaísta e historiador da fotografía Vitor Vaqueiro xa deixa constancia da relevancia de dúas figuras inxustamente descoñecidas como foron o matrimonio formado por […]

Actuación do grupo Fonte da Tella en Chapela

O ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Culturla e social de Chapela chega ao seu remate coas obras “A clase particular” e “O pazo da Duquesa” do grupo Fonte da Tella quen se subirá ao escenario o día 4 de febreiro. Actuación de balde ás 20:00 horas.

Cursos de manipulación de alimentos en Redondela

A Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) reactiva o Plan de formación con dous cursos de manipulación de alimentos en formato presencial con soporte dixital o luns 6 de febreiro en horario de tarde, de 16:30 a 19:30 horas. Para participar hai que cumprimentar o correspondente formulario na páxina web do […]

Cursos de manipulación de alimentos en Chapela

A Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo) reactiva o Plan de formación cun cursos de manipulación de alimentos en formato presencial con soporte dixital o venres 10 de febreiro en horario de tarde, de 16:30 a 19:30 horas. Para participar hai que cumprimentar o correspondente formulario na páxina web do Plan […]

Charla sobre alimentación saudable

O día 10 de febreiro ás 19:30 horas no auditorio da xunqueira Jaime Juncal imparte unha Charla sobre alimentación saudable: “Mellora a túa alimentación de xeito sinxelo” con entrada de balde.

Concerto da Banda de Música de Chapela

A Banda da Asociación Culural e social de Chapela celebra o seu 28 aniversario e faino cun concerto aberto e de balde no Multiúsos da parroquia. O sábado 11 ás 19:00 horas.

Teatro con Malasombra Producións

"De algo hai que morrer" presenta a dous prestixiosos e peculiares científicos, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, divulgan as súas invetigacións sobre un tema que afecta ao cen por cento da poboación de todo o mundo sen distinción de raza, sexo ou condición: a Morte. Un espectáculo enmarcado no ciclo Vive o teatro […]

Concerto de Carapaus

A música tradicional do grupo folk Carapaus soará o domingo 12 ás 18:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego. Un concerto con entrada de balde. organiza o Concello de Redondela.

Unidade móbil da ITV en Pazos

A explanada da Casa Cultural de Pazos acollerá os días 15 e 16 de febreiro a visita da "Unidade Móbil de Inspección Técnica de Turismos para realizar as inspeccións técnicas periódicas a ditos vehículos . Estará operativa o mércores 15 en horario de 09:00h a 13:30h e 15:15h a 18:00h e o día 16 de […]