Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Enterro da ostra en Arcade

O enterro da ostra pecha as celebracións do Entroido en Soutomaior. Arcade volverá ser protagonistas este venres das actividades que poñen punto e final ao entroido. Logo do desfile de comparsas e a festa de carnaval celebrada o pasado domingo, este venres os actos estará centrado no Enterro da Ostra. Organizado pola asociación culturais Moreira […]

Rondalla de Redondela

Actuación da Rondalla o sábado 4 de marzo ás 20:00 horas na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda. Unha actividade de balde na que os asistentes poderán degutar lacón cocido á feira ao finalizar a actuación.

Concerto grupo Coribantes

A agrupación folk actuará no auditorio da Xunqueira o sábado 4 ás 20:00 horas con entrada de balde. Unha actuación enmarcada na programación cultural do Concello de Redondela.

Ruta do Mosteiro de Oia

O Concello de Soutomaior organiza un Roteiro que o día 5 de Marzo levará os participantes a coñecer a zona do Mosteiro De Oia. O percorrido de algo máis de 7 quilómetros. Haberá autobuses de ida e volta para as persoas participantes. Máis información e inscricións ata o 27 de febreiro aquí  t.ly/HOBu

Ciclo de maxia infantil

O Mago Tomico é a primeira das actuacións incluídas neste ciclo que organiza o Concello de Redondela. Carlos Tomico, polifacético mozo vigués graduado en tradución, mago e apaixonado pro outras actividades ofrecerá o seu espectáculo o domingo 5 de marzo ás 18:00 horas. Entrada de balde.

Os Carunchos en concerto

Grupo de musical tradicional galega creado no ano 1994 na cidade de Vigo, a formación continúa en cativo e chegan a Redondela a ofrecer a súa música nun concerto que terá lugar o domingo 5 de marzo ás 18:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela.

Doazón en Arcade

Unha unidade móbil do centro de trsnsfusión de Galicia desprázase a praza de Abastos de Arcade o luns 6 en horario de 16:15 a 21:00 horas

Raquel Queizás na biblioteca de Chapela

Enmarcado dentro da programación municipal do 8 de marzo, a Biblioteca Xela Arias de Chapela ofrece un contacontos que leva por título “Somos iguais” e que se desenvolverá o martes 7 no Auditorio do Multiúsos de Chapela, ás 18:30 h. Actividade para público familiar a partir dos 3 anos, con entrada libre ata completar localidades. […]

Acto Institucional 8M

O Día Internacional da Muller ás 12 horas terá lugar na Praza do Concello a lectura do manifesto institucional por parte das protagonistas do programa “As Mulleres Contan, percorrendo camiño” de Radio Redondela.

Charla: Emprendemento no rural

O 10 de marzo celébranse as Xornadas Gemma Pereira Otero. Muller e Igualdade. Unha Charla-coloquio chamada “Emprendemento no Rural” con Rosa Arcos, fundadora da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, Fademur nas oficinas de Turismo (Isidoro Queimaliños,2. Redondela) ás 19:00h. Interveñen ás redondelás Manuela Domínguez Rodríguez (Zona Verde Jardinería), Ana Míguez Dacosta (Héroes […]

Obradoiro de creatividade

Santi Jiménez comeza o 11 de marzo no Multiusos da Xunqueira ás 10:00 horas presentando “Un sexto sentido, obradoiro de creatividade”, enfocado a persoas a partir dos 16 anos. Inscrición previa a través do número 986 40 28 65 ou de forma presencial no Multiúsos da Xunqueira cun máximo de 20 persoas por sesión.

As mulleres do textil

O 12 de marzo terá lugar a presentación do proxecto “As Mulleres do Textil” no Multiusos da Xunqueira (Redondela) ás 19:00h. Unha actividades enmarcada dentro da programación do 8M do Concello de Redondela.