Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro “Con forza de Muller”

O 17 de Marzo celébranse as III Xornadas Gemma Pereira Otero. Muller e Igualdade co obradoiro “Con forza de Muller” no Multiusos Piñeiral do Crego (Chapela) ás 19:00h. Estará impartido por Patricia Do Camiño (Coach certificada ICF, Mentora, Experta en Intelixencia Emocional e Benestar Organizacional) e Isabel Machado (Coach acreditada ICF, Especializada en Intelixencia Emocional […]

A Banda da Loba en Arcade

O multiúsos de Arcade acolle este sábado 18 ás 21:00 horas un concerto a cargo da formación a Banda da Loba. Unha actividade programada con motivo do Día da Muller. Un concerto de balde no que a formación presentará o seu cuarto e último traballo publicado que leva por título  Xabón Lagarta.

Redondela en danza

A escola de Danza Deborah de Redondela e o Centro de Danza Center ofrecen un espectáculo desta disciplina artística con entrada de balde o domingo 19 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Organiza Concello de Redondela.

Roteiro 8M en Chapela

O 19 de marzo o Concello de Redondela organiza co gallo do 8M un roteiro para coñecer as figuras femininas históricas, desta volta celebrarase en Chapela. Na Alameda Rosalía de Castro ás 19:00h.

Rondalla de Redondela

O Círculo e cultural de Chapela acolle o domingo día 19 de marzo ás 19:00 horas unha actuación a cargo da agrupación Rondalla de Redondela.

Concurso infantil de Aqualia

Aqualia convoca a XXI edición do seu Concurso Infantil de Debuxo Dixital. O certame conta coa colaboración da Concellería de Educación e a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela e está centrado na vida saudable e sostible para celebrar o Día Mundial da Auga. A data límite para participar é o día 22 […]

Homenaxe ás protagonistas de “As Mulleres Contan, percorrendo camiño”

O 24 de marzo, último día da programación organizada polo Concello co gallo do 8M, farase unha homenaxe ás protagonistas do programa da Concellería de Igualdade en Radio Redondela “As Mulleres Contan, percorrendo camiño”. Será no Pazo de Petán (Redondela) ás 19:00h.

Presentación candidatura BNG Soutomaior

O Multiúsos de Arcade acolle  o venres 24 ás 20:30 horas a presentación da candidatura do BNg á alcaldía da localidade.  Participarán o candidato Manu Lourenzo, a concelleira Charo Bouzón e a alcaldesa de Allariz,  Cristina Diz.

Obradoiro de expresión colectiva

O 25 de marzo estará Isabel Mouzo no Multiúsos da Xunqueira ás 10:00 horas co obradoiro “Escóitate,... ME…, NOS! para falar da necesidade de ferramentas de cohesión e expresión colectiva para conectar co propio, co alleo e co que nos rodea. Inscrición previa a través do número 986 40 28 65 ou de forma presencial […]

Concerto de primavera

O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado 25 ás 20:00 horas un concerto a cargo de Pilar e Arabel Moraguez. Entrada de balde ata completar o aforo.

Roteiros con historia

O domingo 26 arrancan os Roteiros con Historia, uns percorridos guiados polos principais recursos culturais e paisaxísticos de Redondela. A primeira ruta será por Monte Penide-Mirallo, cuns 10 km aproximadamente e algo máis de 3 horiñas de duración, comezando ás 10 da mañá. A ruta será circular con saída dende o campo de fútbol de […]

Tanxarina no Multiúsos

Continúan as celebracións polo 40 aniversarios de Tanxarina. O domingo 26 de marzo ás 18:00 horas levan ao Multiúsos a obras "Trogloditas" un espectáculo no que tres trogloditas nos convidan a entrar no primeiro teatro da prehistoria onde imos asistir a un cómico espectáculo de humor e tolería. Entrada 3 euros. Organiza Concello de Redondela.