Redondela en danza
A escola de Danza Deborah de Redondela e o Centro de Danza Center ofrecen un espectáculo desta disciplina artística con entrada de balde o domingo 19 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Organiza Concello de Redondela.
A escola de Danza Deborah de Redondela e o Centro de Danza Center ofrecen un espectáculo desta disciplina artística con entrada de balde o domingo 19 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Organiza Concello de Redondela.
O 19 de marzo o Concello de Redondela organiza co gallo do 8M un roteiro para coñecer as figuras femininas históricas, desta volta celebrarase en Chapela. Na Alameda Rosalía de Castro ás 19:00h.
O Círculo e cultural de Chapela acolle o domingo día 19 de marzo ás 19:00 horas unha actuación a cargo da agrupación Rondalla de Redondela.
Aqualia convoca a XXI edición do seu Concurso Infantil de Debuxo Dixital. O certame conta coa colaboración da Concellería de Educación e a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela e está centrado na vida saudable e sostible para celebrar o Día Mundial da Auga. A data límite para participar é o día 22 […]
O 24 de marzo, último día da programación organizada polo Concello co gallo do 8M, farase unha homenaxe ás protagonistas do programa da Concellería de Igualdade en Radio Redondela “As Mulleres Contan, percorrendo camiño”. Será no Pazo de Petán (Redondela) ás 19:00h.
O Multiúsos de Arcade acolle o venres 24 ás 20:30 horas a presentación da candidatura do BNg á alcaldía da localidade. Participarán o candidato Manu Lourenzo, a concelleira Charo Bouzón e a alcaldesa de Allariz, Cristina Diz.
O 25 de marzo estará Isabel Mouzo no Multiúsos da Xunqueira ás 10:00 horas co obradoiro “Escóitate,... ME…, NOS! para falar da necesidade de ferramentas de cohesión e expresión colectiva para conectar co propio, co alleo e co que nos rodea. Inscrición previa a través do número 986 40 28 65 ou de forma presencial […]
O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado 25 ás 20:00 horas un concerto a cargo de Pilar e Arabel Moraguez. Entrada de balde ata completar o aforo.
O domingo 26 arrancan os Roteiros con Historia, uns percorridos guiados polos principais recursos culturais e paisaxísticos de Redondela. A primeira ruta será por Monte Penide-Mirallo, cuns 10 km aproximadamente e algo máis de 3 horiñas de duración, comezando ás 10 da mañá. A ruta será circular con saída dende o campo de fútbol de […]
Continúan as celebracións polo 40 aniversarios de Tanxarina. O domingo 26 de marzo ás 18:00 horas levan ao Multiúsos a obras "Trogloditas" un espectáculo no que tres trogloditas nos convidan a entrar no primeiro teatro da prehistoria onde imos asistir a un cómico espectáculo de humor e tolería. Entrada 3 euros. Organiza Concello de Redondela.
Os establecementos interesados en participar na XXXVI edición da Festa do Choco que se celebrará entre o 11 e o 14 de maio deben inscribirse antes do 27 deste mes. Logo das restrición pola pandemia o Concello recupera a tradicional carpa que se instalará no Campo da Feira. Unha actividade que se desenvolverá en paralelo […]
Visita guiada ao Cemiterio dos Eidos o venres 31 de marzo ás 19:30 horas. Un percorrido no que os participantes coñecerán o valor histórico deste camposanto así como os persoeiros que se atopan alí soterrados. Inscrición previa no teléfono 986 401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal. Organiza a Concellería de Cultura.