Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de escritura terapéutica

O 1 de abril ás 10:00 horas no Multiúsos da Xunqueira Marisé Barro ofrece un obradoiro sobre escritura terapéutica chamado “Cadernos máxicos, o poder transformador da escritura terapéutica”, aventurándose na escritura persoal e autobiográfica. Orientado a persoas a partir de 16 anos. Inscrición previa a través do número 986 40 28 65 ou de forma […]

Turismo mariñeiro con Amarturmar

Amarturmar oferta para este Semana Santa un roteiro do Choco o xoves ás 17:00 horas, o roteiro do Marisqueo A Pé o venres ás 10:30 horas e o roteiro do Porto o sábado ás 10:30 horas. Actividades todas elas en colaboración co Concello cun prezo de 3 euros con reserva previa na oficina de Turismo […]

Visitas á Illa de San Simón

O Concello de Redondela retoma as visitas á Illa de San Simón e San Antón con viaxes subvencionadas dende o xoves ata o domingo e saídas desde Cesantes, o museo Meirande e Chapela a un prezo reducido de 5 euros. Dentro das actividades organizadas para a semana Santa, mantéñense tamén os roteiros coñecidos como "A […]

Presentación O libro negro da lingua galega

Un texto publicado por Xerais no que se fai un percorrido por 500 anos de persecución ao noso idioma recompilando numerosos documentos históricos, dende o século XV ata a actualidade. A presentación organizada dende Normalización Lingüística Redondela terá lugar o mércores 12 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a cargo de Carlos Callón.

Obradoiro de movemento e expresión corporal

O 15 de abril chega o momento de centrarse no corpo. Isabel Mouzo e Jaime Juncal presentan o obradoiro “Movemento e expresión corporal” no que se ensina sobre o movemento corporal como vía de autocoñecemento, pracer e enerxetización. Inscrición previa a través do número 986 40 28 65 ou de forma presencial no Multiúsos da […]

Contacontos en Chapela

O mércores 19 de abril, ás 18:00 horas a Biblioteca Xela Arias de Chapela recibe ao alumnado do IES Chapela quen acompañados con orixinais xogos e materiais creativos deseñados por eles encargaranse de impartir unha sesión de contacontos para os máis cativos. Actividade dirixida para nenas e nenos a partir de 3 anos, con prazas […]

Doazón de sangue en Redondela

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprázase a Redondela o xoves 20 e venres 22 en horario de tarde, de 16:00 a 21:00. O autobús de ADOS estará estacionado ao carón do concello.

Festa dos Maios

Abre o prazo para participar na Festa dos Maios. Cada maio participante recibirá unha achega de 100 euros e optará a algún dos premios en xogo nas diferentes categorías de maio artístico, maio tradicional, mellor interpretación e mellores coplas. O Concello reserva unha partida de ata 5.000 euros para o financiamento desta festa na que […]

Asemblea do Monte Veciñal do Viso

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso convoca as comuneiras e comuneiros á asemblea ordinaria o vindeiro domingo 23 de abril ás 11h en segunda convocatoria. A asemblea celebrarase na antiga Escola de Tuimil e trataranse os tradicionais puntos do estado de contas, altas e baixas de comuneiros/as, traballos e actuacións do […]

Inauguración Artelixo

O pistoletazo de saída será o domingo 23 no Multiusos da Xunqueira coa lectura do pregón ás 12:00 do mediodía a cargo de Verónica Romero de Compromiso pola Terra, colectivo que naceu en 2015 co obxectivo de concienciar contra o cambio climático. Seguidamente farase a presentación da exposición de arte que se poderá visitar no […]

Debate “A análise política do cambio climático”

A asociación Artelixo busca que os políticos locais se “mollen” nun debate que terá lugar o venres 28 ás 19:00 horas na Alameda e que contará coa presenza dos candidato do PP, Javier Bas, PSOE, Digna Rivas, BNG, Xoán Carlos González e en representación de AER o que fora concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar.

Visita guiada ao Cemiterio do Eidos

Visita guiada ao Cemiterio dos Eidos o venres 28 de abril ás 19:30 horas. Un percorrido no que os participantes coñecerán o valor histórico deste camposanto así como os persoeiros que se atopan alí soterrados. Inscrición previa no teléfono 986 401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal. Organiza a Concellería de Cultura.