Presentación O libro negro da lingua galega
Un texto publicado por Xerais no que se fai un percorrido por 500 anos de persecución ao noso idioma recompilando numerosos documentos históricos, dende o século XV ata a actualidade. A presentación organizada dende Normalización Lingüística Redondela terá lugar o mércores 12 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a cargo de Carlos Callón.