Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos en Chapela

O mércores 19 de abril, ás 18:00 horas a Biblioteca Xela Arias de Chapela recibe ao alumnado do IES Chapela quen acompañados con orixinais xogos e materiais creativos deseñados por eles encargaranse de impartir unha sesión de contacontos para os máis cativos. Actividade dirixida para nenas e nenos a partir de 3 anos, con prazas […]

Campamento en San Simón

A Illa de San Simón súmase aos campamentos de verán que organiza a Xunta “A illa das historias” é o nome do primeiro campamento xuvenil que se celebrará en San Simón do 3 ao 10 de agosto. Oferta un total de 30 prazas orientadas a mozos e mozas de entre 13 e 16 anos. O […]

Doazón de sangue en Redondela

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia desprázase a Redondela o xoves 20 e venres 22 en horario de tarde, de 16:00 a 21:00. O autobús de ADOS estará estacionado ao carón do concello.

Festa dos Maios

Abre o prazo para participar na Festa dos Maios. Cada maio participante recibirá unha achega de 100 euros e optará a algún dos premios en xogo nas diferentes categorías de maio artístico, maio tradicional, mellor interpretación e mellores coplas. O Concello reserva unha partida de ata 5.000 euros para o financiamento desta festa na que […]

Asemblea do Monte Veciñal do Viso

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común do Viso convoca as comuneiras e comuneiros á asemblea ordinaria o vindeiro domingo 23 de abril ás 11h en segunda convocatoria. A asemblea celebrarase na antiga Escola de Tuimil e trataranse os tradicionais puntos do estado de contas, altas e baixas de comuneiros/as, traballos e actuacións do […]

Inauguración Artelixo

O pistoletazo de saída será o domingo 23 no Multiusos da Xunqueira coa lectura do pregón ás 12:00 do mediodía a cargo de Verónica Romero de Compromiso pola Terra, colectivo que naceu en 2015 co obxectivo de concienciar contra o cambio climático. Seguidamente farase a presentación da exposición de arte que se poderá visitar no […]

Debate “A análise política do cambio climático”

A asociación Artelixo busca que os políticos locais se “mollen” nun debate que terá lugar o venres 28 ás 19:00 horas na Alameda e que contará coa presenza dos candidato do PP, Javier Bas, PSOE, Digna Rivas, BNG, Xoán Carlos González e en representación de AER o que fora concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar.

Visita guiada ao Cemiterio do Eidos

Visita guiada ao Cemiterio dos Eidos o venres 28 de abril ás 19:30 horas. Un percorrido no que os participantes coñecerán o valor histórico deste camposanto así como os persoeiros que se atopan alí soterrados. Inscrición previa no teléfono 986 401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal. Organiza a Concellería de Cultura.

Obradoiro de comida e ansiedade

O obradoiro de “Comida e ansiedade! impartido por Jaime Juncal terá unha duración de dous días, sábados 29 de abril e o 6 de maio, ambos ás 10:00 da mañá. Nel non se pretende entrar nos trastornos psicolóxicos senón no uso que se fai da comida como vía de escape ante a ansiedade xeralizada. Inscrición […]

Contos no Multiúsos con Raquel Queizás

Unha vez máis visita Redondela a contadora Raquel Queizás cun espectáculo que leva pro nome contos de investigación Antolín Faraldo orientada a nenos e nenas e máis de seis anos este sábado 29 ás 12:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Da man de Queizás os pequenos descubrirán un capítulo da historia galega, o protagonizado por […]

Concerto presentación do disco de Airiños da Peneda “Sorrisos no ceo”

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado ás 20:30 horas a presentación do novo traballo da formación do Viso “Airiños da Peneda”. Unha formación musical que nacía no ano 2006, presentando dez anos despois o seu primeiro disco “Cantigas da Peneda”. Agora chega o seu segundo traballo “Sorrisos no ceo” dedicado ao gaiteiro e cofundador […]

Festa dos Maios

A Alameda de Redondela acollerá o vindeiro luns día 1 a Festa dos Maios que revive e volve sumar un elevado numero de participantes. Conos e cruceiros, enmarcados na categoría de maio tradicional, compartirán escenario con estruturas máis variadas e sorprendentes que participarán na categoría de maio artístico. Está previsto que os Maios participantes se […]