Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Proxección de “O Corpo aberto” 

O Servizo de Normalización Lingüística organiza esta fin de semana a proxección da película “O corpo aberto” con entrada de balde o venres ás 20:00 horas. Enmarcada no ciclo de cinema galego que organiza o Concello de Redondela chega ao Multiúsos un dos filme que mellor crítica recibiu nos últimos meses, O corpo aberto, unha […]

“Matria” no Multiúsos

O sábado chegará ao Multiúsos “Matria” de Álvaro Gago Díaz e con protagonismo indiscutible para María Vázquez pero tamén con presenza dun actor tan próximo a nós como é Tatán. Os problemas laborais e persoais de Ramona, unha muller de corenta anos que vive na costa galega é o fío condutor desta película que se […]

Música no Día da Nai en Cedeira

O Centro cultural de Cedeira celebra este domingo día 7 o Día da nai con actuacións de balde a partir das 19:00 horas. Actuará o grupo de Gaitas do Viso, a Coral Polifónica Nosa Señora do Carme de Moaña e a Coral A Raiña del Centro Cultural de Cedeira. Unha actividade que conta coa colaboración […]

Curso iniciación Língua de Signos

A Concellería de Servizos Sociais organiza dous cursos presenciais de iniciación á Lingua de Signos (Nivel A1.1). Son totalmente de balde e a inscrición está limitada ata esgotar prazas. Unha actividade que busca dar resposta a alta demanda deste tipo de cursos que facilitan a aprendizaxe dunha unha lingua que favorece a comunicación coas persoas […]

Orquestra Panorama

O concerto da orquestra Panorama abre a Festa do Choco cunha actuación que terá lugar o xoves 11 ás 22:00 horas no Campo de Feira.

Degustacións Festa do Choco

A carpa de degustacións estará aberta dende as 19:30 horas do venres ata o domingo. Na fin de semana o horario de apertura será ás 10:30 horas. Na carpa poderase degustar o choco nas súas diferentes especialidades: preparado a plancha, na súa tinta, con arroz ou en empanada.

Orquestra Combo Dominicano

O sábado a música correrá a cargo da orquestra de saxos ás 20:00 horas cun concerto na Alameda e a partir das 23:00 horas coa verbena a cargo da orquestra Combo Dominicano no Campo da Feira.

Festa Choco sábado 13

Actuación do grupo de gaitas de baile galego na carpa do Campo da Feira ás 12:30 e showcooking con David Couñago ás 13:15. Haberá tamén actuación de baile no marco do programa Danza na Rúa e música ás 20:00 horas na Alameda e a orquestra La Fórmula ás 23:00 horas no Campo da Feira.

IX Scooterada Vespartana

Concentración de vespas e saída o sábado dende a praza de Ribadavia ás 17:30 e o domingo dende a mesma praza ás 11:00 horas

Festa Choco domingo 14

Pasarrúas coa banda de música de Chapela ás 11:00 horas, pregón co grupo de títeres Tanxarina ás 12:30 e música de Gure terras ás 13:00 horas. Pola tarde concertos con Tanto nos Tén na Alameda ás 18:00 horas, Budiño ás 20:00 no campo da Feira e pecha a festa a música de Lontreira ás 22:00 […]

Torneo Futbol sala mini

O pavillón da Marisma acolle este mércores 17 unha exhibición de fútbol sala organizada polo Club Casa Paco con participación dos máis cativos. Así, sairán a pista neste V torneo de futbol sala mini nenos e nenas nados nos anos 2017 e 2018, rapazada que con tan só 5 ou seis anos xa amosan o […]