Orquestra Panorama
O concerto da orquestra Panorama abre a Festa do Choco cunha actuación que terá lugar o xoves 11 ás 22:00 horas no Campo de Feira.
O concerto da orquestra Panorama abre a Festa do Choco cunha actuación que terá lugar o xoves 11 ás 22:00 horas no Campo de Feira.
A carpa de degustacións estará aberta dende as 19:30 horas do venres ata o domingo. Na fin de semana o horario de apertura será ás 10:30 horas. Na carpa poderase degustar o choco nas súas diferentes especialidades: preparado a plancha, na súa tinta, con arroz ou en empanada.
O sábado a música correrá a cargo da orquestra de saxos ás 20:00 horas cun concerto na Alameda e a partir das 23:00 horas coa verbena a cargo da orquestra Combo Dominicano no Campo da Feira.
Actuación do grupo de gaitas de baile galego na carpa do Campo da Feira ás 12:30 e showcooking con David Couñago ás 13:15. Haberá tamén actuación de baile no marco do programa Danza na Rúa e música ás 20:00 horas na Alameda e a orquestra La Fórmula ás 23:00 horas no Campo da Feira.
Concentración de vespas e saída o sábado dende a praza de Ribadavia ás 17:30 e o domingo dende a mesma praza ás 11:00 horas
Pasarrúas coa banda de música de Chapela ás 11:00 horas, pregón co grupo de títeres Tanxarina ás 12:30 e música de Gure terras ás 13:00 horas. Pola tarde concertos con Tanto nos Tén na Alameda ás 18:00 horas, Budiño ás 20:00 no campo da Feira e pecha a festa a música de Lontreira ás 22:00 […]
O pavillón da Marisma acolle este mércores 17 unha exhibición de fútbol sala organizada polo Club Casa Paco con participación dos máis cativos. Así, sairán a pista neste V torneo de futbol sala mini nenos e nenas nados nos anos 2017 e 2018, rapazada que con tan só 5 ou seis anos xa amosan o […]
Os Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela organizan este luns unha presentación literaria a cargo do escritor Berto Pirata. No acto falará do seu novo libro aínda en proceso de escritura e interactuará co público. Unha proposta que busca dar a coñecer aos asistentes o proceso creativo da escrita. O luns 22 ás 20:00 horas […]
Entre as actividades destacadas para esta xornada da Festa da Coca 2023 destacan os concertos de RMS (venres 9 de xuño ás 21:00h); Los Motores (venres 9 de xuño ás 22:00h); Sínkope (venres 9 de xuño ás 23:15h) , Obús (venres 9 de xuño ás 01:00 h ), Gran Parada. Todos no Campo da Feira. […]
Esta xornada do Festival Millo verde comeza ás 19:00 da tarde e remata ás 4:00 da madrugada. Actuarán os grupos Rebeliom do Inframundo e Eskorzo, xunto a The Fat Badgers, Legiana Collective, Xenderal, Vértebras e DJ Fermo.
O sábado, día grande, as actividades arrancarán xa pola mañá coa sesión vermú aberta a todo o mundo e as actividades orientadas ao público familiar entre as que se inclúen obradoiros de cometas a cargo da Asociación Artelixo e un Obradoiro de chapas coa Asociación Feminista Paxaretas. Xa pola tarde haberá animación de rúa con […]
A Alameda de Castelao acolle o concerto de Airiños do Mar de Teis ás 18:30 h con entrada de balde.