Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto Airiños do Mar de Teis

Alameda de Castelao

A Alameda de Castelao acolle o concerto de Airiños do Mar de Teis ás 18:30 h con entrada de balde.

Pregón e Flores no inicio da Festa da Coca

A apertura da Festa da Coca 2023 terá lugar o mércores 7 de xuño ás 20:00h coa lectura do pregón na praza do Concello a cargo das SARILLAS. Seguido do acto solemne do Relevo de Burras a  Homenaxe ás e aos alfombristas e odanzante da Danza de Espadas Rubén González Alfonso para rematar co acendido da iluminación da festa. Ese […]

Festa da Coca

O xoves 8 de xuño, Redondela esperta adobiada de auténticos tapices naturais para dar chegada a un día cargado de actos. Ás 12 horas terá lugar o Desfile da Coca, cos Mordomos e Dianiños acompañada por Xigantes e Cabezudos e o grupo de gaitas Airiños de San Simón. Logo da Misa Maior (Igrexa de Santiago […]

Obús e Sínkope na Festa da Coca

Entre as actividades destacadas desta xornada da Festa da Coca están os concertos de RMS (venres 9 de xuño ás 21:00h); Los Motores (venres 9 de xuño ás 22:00h); Sínkope (venres 9 de xuño ás 23:15h) , Obús (venres 9 de xuño ás 01:00 h ). TODOS NO CAMPO DA FEIRA.   Tamén haberá Balonmán […]

Bombai e Rodri Vegas na Festa da Coca

Entre os concertos destacados para esta xornada da Festa da Coca destacan a orquestra Gran Parada (sábado 10 de xuño ás 21:00h); Chaleco Reflectante (sábado 10 de xuño ás 00:00h; Bombai (sábado 10 de xuño ás 1:15h); Orquestra Cinema (domingo 11 de xuño ás 22:00h). TODOS NO CAMPO DA FEIRA.  Mentres que unha das músicas […]

Desfile da Festa da Coca

Dentro dos concertos da xornada destaca a Orquestra Cinema (domingo 11 de xuño ás 22:00h). Mentres que unha das músicas máis tradicionais, como é a música de banda, terá un claro protagonismo cos concertos que na Alameda Castelao ofrezca a Banda de Música de Chapela (domingo 11 de xuño ás 18 horas). Ás 12:00h terá lugar […]

Concerto Fin de Curso Coro “Voces Blancas de Redondela”

O Centro Recreativo e Cultural de Redondela acolle o domingo 18 de xuño a celebración do Concerto de Fin de Curso do Coro "Voces Blancas de Redondela". As protas abren ás 12:00h e a entrada é de balde ata completar aforo.  

Doazón de sangue en Arcade

Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase o luns 3 a Arcade. Os veciños que o desexen poderán facer as súas doazóns no autobús que permanecerá na praza de Abastos en horario de mañá de 10:00 a 14:30 e pola tarde dende as 16:15 ata as 21:00 horas.

Curso de clarinete en Chapela

A escola de música de Chapela acolle os días 6 e 7 de xullo un curso de clarinete a cargo do mestre Óscar González, clarinete solista do quinteto Rubato e da Banda de Música municipal de Coruña. O prezo do curso é de 35 euros os alumnos e alumnas da Escola mentres que o alumnado […]

I Torneo de Pádel infantil de Soutomaior

O pavillón de deportes da Montesiña acolle este venres 7 de xullo o I torneo da escola municipal de pádel infantil. O evento está dirixido a alumnos inscritos nesta escola deportiva e os partidos xogaranse en diferentes categorías por idade e nivel. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 5 de xullo e […]

II aniversario de Espaço Vivo

O local de hostalaría vegana que ten a súa sede no Camiño do Fixón 64, na parroquia de Negros naceu hai xa dous anos da man de Serxio Crespo e Eva Castro. Para conmemorar esta data o vindeiro sábado 8 de xullo ás 20:00 horas cunha xornada de gastronomía e música co proxecto Laxes de […]

O C.D. Choco presenta a xunta directiva aos socios

O Club deportivo Choco convoca aos seus socios a unha asemblea xeral ordinaria e outra extraordinaria que se van desenvolver o luns 10 de xullo a partir das 19:15 horas no Multiúsos da Xunqueira. Conforme ao orde do día abordarase a memoria económica do ano 2022-2023 así como a presentación da nova xunta directiva. Os […]