Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

II aniversario de Espaço Vivo

O local de hostalaría vegana que ten a súa sede no Camiño do Fixón 64, na parroquia de Negros naceu hai xa dous anos da man de Serxio Crespo e Eva Castro. Para conmemorar esta data o vindeiro sábado 8 de xullo ás 20:00 horas cunha xornada de gastronomía e música co proxecto Laxes de […]

Cursos de informática e internet en Soutomaior

O concello de Soutomaior organiza neste mes de xullo dous “minicursos” de informática orientados a maiores de 18 anos que se impartirá na biblioteca de Arcade. A actividade consta con seis horas lectivas que se impartirán en horario de mañá de 11 a 13 horas os días 10, 11 e 12 e que se repetirá […]

O C.D. Choco presenta a xunta directiva aos socios

O Club deportivo Choco convoca aos seus socios a unha asemblea xeral ordinaria e outra extraordinaria que se van desenvolver o luns 10 de xullo a partir das 19:15 horas no Multiúsos da Xunqueira. Conforme ao orde do día abordarase a memoria económica do ano 2022-2023 así como a presentación da nova xunta directiva. Os […]

Xornada de caiac e visita a Cortegada

O Concello de Soutomaior organiza o sábado 15 de xullo unha actividade orientada a mozos e mozas de 16 a 35 anos de idade enmarcada dentro do seu programa Soutoverán. A proposta inclúa unha visita guiada que permitirá aos asistentes coñecer o patrimonio natural da Cortegada, Illa que forma parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre […]

Artistas de Rúa 2023

Artistas de rúa celébrase o 4 de agosto, nunha xornada na que poderanse gozar de ata 6 espectáculos por toda a vila. O pasarrúas "Chocolitos" comeza na Praza de Ribadavia ás 19:30h da tarde. É un espectáculo familiar interpretado por dous personaxes con traxes articulados con movementos realistas e fantásticos. Animados con animatronics nos ollos […]

Concerto: La Penúltima Sabinera

O programa "Artistas de Rúa" remata co mellor tributo a Joaquín Sabina na Praza da Torre. A Penúltima Sabinera é actualmente o máis grande tributo a Sabina. Cun directo coidado, emotivo e irresistible, consegue dende o primeiro momento, unha total conexión e complicidade co público.

Berete Rock

A décima edición do festival, todo un referente no calendario galego do rock, volta destacar cun cartel “potente” nun marco natural de excepción como é o Paseo Marítimo de Chapela. O vindeiro sábado 5 de agosto, o Paseo Marítimo de Chapela volverá a converterse nun extraordinario escenario natural para acoller a décima edición do «Berete […]

Faladoiro “Aquí faltan páxinas”: Ernestina Otero

A Alameda Castelao acollerá na tarde do xoves un faladoiro sobre a mestra redondelá Ernestina Otero. A actividade enmárcase dentro do programa da Deputación de Pontevedra “Aquí faltan páxinas”, co que tentan dar a coñecer figuras femininas que teñen tido en papel relevante en diferentes eidos como a cultura, o ensino, a política ou a […]

Festa do Mexillón de Chapela

O Paseo Marítimo de Chapela acolle, durante  afin de semana do 12 ao 13 de agosoto, a Festa do Mexillón. O evento está organizado polo Centro Cultural e Recreativo de Chapela en colaboración co Concello de Redondela. A ferta gastronómica xirará entorno a este popular bivalvo cunha degustación de mexillóns ao vapor, á vinagreta, en […]

Reboreda en Jazz

Este sábado 12 de agosto celébrase a partir das 20:00 da tarde o festival Reboreda en Jazz. O  lugar elexido para este encontro dos amantes do xénero é o Carballo das Cen Polas, coa intención de darlle vida ao recinto das parroquia. No lugar haberá tamén instalado un inchable par ao desfrute dos máis cativos. […]

Circo Chosco

O Circo Chosco estará o sábado 12 de agosto na Alameda de Castelao ás 21:00 horas.

Festa do Mexillón de Chapela

O Paseo Marítimo de Chapela acolle, durante  a fin de semana do 12 ao 13 de agosoto, a Festa do Mexillón. O evento está organizado polo Centro Cultural e Recreativo de Chapela en colaboración co Concello de Redondela. A ferta gastronómica xirará entorno a este popular bivalvo cunha degustación de mexillóns ao vapor, á vinagreta, […]