Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roteiros con historia: visita nocturna Monte Penide

O sábado día 2 volven os " Roteiros con Historia" coa visita guiada nocturna aos petróglifos de Monte Penide. Actividade de balde. É necesaria a inscrición previa, saída dende o Parque de Poza da Lagoa + Info no 613005844 (whatsapp) ou no correo roteiros@nosocoop.com

Rondalla de Redondela

A partir das 22.00 horas, na praza da Torre, terá lugar un concerto protagonizado pola Rondalla de Redondela. É unha actuación incluída na programación cultural do municipio

Concerto de Bafana Bafana

A partir das 20.30 horas, na praza da Torre, terá lugar un concerto protagonizado por Bafana Bafana. É unha actuación incluída na programación cultural do municipio. Un grupo fresco, desenfadado, xuvenil, que fai versións das cancións en castelán máis  bailables, interactuando animádamente co seu público. No seu variado repertorio teñen cabida artistas tan variados como […]

Unidade Móbil Doazón de Sangue

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Redondela na Praza de Ribadavia, na zona de carga e descarga da coñecida como "Farola". Calquera persoa interesada pode achegarse e doar sangue sen cita previa en horario de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 21:00 horas.

Sorteo “A cagada da vaca”

O campo de fútbol de San Martiño de Vilar acolle este sábado 9 ás 17:00 horas o concurso “a cagada da vaca” organizado pola Comisión de festas de Vilar de Infesta. As rifas teñen un prezo de dous euros e pódense conseguir no Centro Cultural Vilar de Infesta ou a través de calquera membro da […]

Concerto da Rondalla de Redondela

A praza da Casa da Torre acolle o domingo día 10 de setembro o tradicional concerto da Rondalla de Redondela. Unha cita musical que se ía celebra o pasado sábado pero que o mal tempo da xornada obrigou a adiar confiando en que na próxima data a situación meteorolóxica mellore. Os máis de 30 compoñentes […]

Excursións ao Norte de Portugal

sA Concellería de Persoas Maiores ten aberto o prazo de inscrición para participar nas excursións que se van desenvolver os días 13a Valença, 14 a  Monção e día 15 Melgaço con percorrido tamén por Vilanova de Cerveira durante a tarde. Unhas actividades orientadas a persoas maiores de 55 anos que poden inscribirse nas oficinas de […]

concerto de Cantatorrella na rúa Pai Crespo

Apurando o verán, a agrupación redondelá volve ofrecer a súa música festeira e bailable nun concerto que se vai desenvolver este mércores  enmarcada na programación que organizna os locais da rúa Pai Crespo, A Discotaska e 78 Gastrobar. A cita este 13 desetmbro ás 21:00 horas. Esta nova banda intregrada polos músicos Antonio Vidal “Pelu”, […]

Contacontos en Chapela

"Unha tarde especial con Dori" a cargo de Batucado & Emusin é a proposta infantil que nos deixa a biblioteca de Chapela de cara ao vindeiro martes 19 de setembro. A actividade, orientada a crianza de 18 meses a tres anos terá lugar ás 17:00 h. As persoas interesadas deben inscribirse na Biblioteca Xela Arias […]

Actividade: Debuxar letras ou lettering

A moda do “lettering” chega a Redondela. Os socios dos clubs de lectura de Redondela e Chapela poderán participar na actividade de Lettering “Debuxar Letras” impartida por Alba Farto dentro do programa “Ler conta Moito” da Xunta de Galicia. A actividade desenvolverase o venres 22 de setembro ás 20:00 horas, é de balde pero as […]

Obradoiro “Atrévete a facer o teu propio libro”

Estefanía Padullés será a encargada de impartir este obradoiro que se desenvolverá o martes 26 en horario de tarde (18:00 a 20:00 h) na Biblioteca de Chapela. Orientado a rapazada de 6 a 12 anos as prazas son limitadas e precisan de inscrición na Biblioteca Xela Arias (teléfono: 986-454-226, correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal).

Contacontos A Bibliotecaria estrafalaria 2.0

A sala infantil da Biblioteca de Redondela acolle o mércores 27 de setembro ás  18:00 horas o contacontos "A bibliotecaria estrafalaria 2.0" con Cris de Caldas. A actividade está orientada a nenos e nenas de 4 a 8 anos con entrada libre e de balde.