Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unidade Móbil Doazón de Sangue

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Redondela na Praza de Ribadavia, na zona de carga e descarga da coñecida como "Farola". Calquera persoa interesada pode achegarse e doar sangue sen cita previa en horario de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 21:00 horas.

Sorteo “A cagada da vaca”

O campo de fútbol de San Martiño de Vilar acolle este sábado 9 ás 17:00 horas o concurso “a cagada da vaca” organizado pola Comisión de festas de Vilar de Infesta. As rifas teñen un prezo de dous euros e pódense conseguir no Centro Cultural Vilar de Infesta ou a través de calquera membro da […]

Concerto da Rondalla de Redondela

A praza da Casa da Torre acolle o domingo día 10 de setembro o tradicional concerto da Rondalla de Redondela. Unha cita musical que se ía celebra o pasado sábado pero que o mal tempo da xornada obrigou a adiar confiando en que na próxima data a situación meteorolóxica mellore. Os máis de 30 compoñentes […]

Excursións ao Norte de Portugal

sA Concellería de Persoas Maiores ten aberto o prazo de inscrición para participar nas excursións que se van desenvolver os días 13a Valença, 14 a  Monção e día 15 Melgaço con percorrido tamén por Vilanova de Cerveira durante a tarde. Unhas actividades orientadas a persoas maiores de 55 anos que poden inscribirse nas oficinas de […]

concerto de Cantatorrella na rúa Pai Crespo

Apurando o verán, a agrupación redondelá volve ofrecer a súa música festeira e bailable nun concerto que se vai desenvolver este mércores  enmarcada na programación que organizna os locais da rúa Pai Crespo, A Discotaska e 78 Gastrobar. A cita este 13 desetmbro ás 21:00 horas. Esta nova banda intregrada polos músicos Antonio Vidal “Pelu”, […]

Contacontos en Chapela

"Unha tarde especial con Dori" a cargo de Batucado & Emusin é a proposta infantil que nos deixa a biblioteca de Chapela de cara ao vindeiro martes 19 de setembro. A actividade, orientada a crianza de 18 meses a tres anos terá lugar ás 17:00 h. As persoas interesadas deben inscribirse na Biblioteca Xela Arias […]

Actividade: Debuxar letras ou lettering

A moda do “lettering” chega a Redondela. Os socios dos clubs de lectura de Redondela e Chapela poderán participar na actividade de Lettering “Debuxar Letras” impartida por Alba Farto dentro do programa “Ler conta Moito” da Xunta de Galicia. A actividade desenvolverase o venres 22 de setembro ás 20:00 horas, é de balde pero as […]

Obradoiro “Atrévete a facer o teu propio libro”

Estefanía Padullés será a encargada de impartir este obradoiro que se desenvolverá o martes 26 en horario de tarde (18:00 a 20:00 h) na Biblioteca de Chapela. Orientado a rapazada de 6 a 12 anos as prazas son limitadas e precisan de inscrición na Biblioteca Xela Arias (teléfono: 986-454-226, correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal).

Contacontos A Bibliotecaria estrafalaria 2.0

A sala infantil da Biblioteca de Redondela acolle o mércores 27 de setembro ás  18:00 horas o contacontos "A bibliotecaria estrafalaria 2.0" con Cris de Caldas. A actividade está orientada a nenos e nenas de 4 a 8 anos con entrada libre e de balde.

Contacontos con Raquel Queizás

"chimpo de rá" é o título do contacontos infantil que organiza a Biblioteca de Redondela e que terá lugar o venres 29 ás 17:30 horas. A cargo de Raquel Queizás e orientado e nenos e nenas de 1 a 4 anos, cómpre inscrición previa na Biblioteca ou a través do teléfono 986 401561. A actividade […]

Festa solidaria da peña Chokoslovakos

A presentación oficial da peña do Chco será este venres a partir das 19:00 horas na antiga Feira do Gando cun concerto con entrada de balde e recollida de alimentos non perecedoiros. Todos aqueles que acheguen alimentos entrarán nun sorteo de camisetas de xogadores míticos do club como Cortegoso, Comis, Gabo, Félix, Tomás Abelleira. A música […]

Tómbola solidaria da Asociación contra o Cáncer

A Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Redondela celebra o seu tradicional cea tómbola solidaria o vindeiro venres día 29, ás 22 horas no Casona da Torre. O prezo do prato é de 40 euros por persoa, que se destinarán a manter os servizos gratuítos da asociación para pacientes e familiares. Para que todas […]