Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividade: Debuxar letras ou lettering

A moda do “lettering” chega a Redondela. Os socios dos clubs de lectura de Redondela e Chapela poderán participar na actividade de Lettering “Debuxar Letras” impartida por Alba Farto dentro do programa “Ler conta Moito” da Xunta de Galicia. A actividade desenvolverase o venres 22 de setembro ás 20:00 horas, é de balde pero as […]

Obradoiro “Atrévete a facer o teu propio libro”

Estefanía Padullés será a encargada de impartir este obradoiro que se desenvolverá o martes 26 en horario de tarde (18:00 a 20:00 h) na Biblioteca de Chapela. Orientado a rapazada de 6 a 12 anos as prazas son limitadas e precisan de inscrición na Biblioteca Xela Arias (teléfono: 986-454-226, correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.gal).

Aulas municipais de teatro

As clases arrancarán en outubro e impartiranse no Multiúsos da Xunqueira. Ofértanse dous grupos diferenciados por idades: un para alumnos de 13 a 16 anos e o segundo grupo destinado a persoas maiores de 17 anos en diante. As persoas interesadas deben inscribirse na Casa do Concello antes do 3 de outubro. O prezo é […]

Contacontos A Bibliotecaria estrafalaria 2.0

A sala infantil da Biblioteca de Redondela acolle o mércores 27 de setembro ás  18:00 horas o contacontos "A bibliotecaria estrafalaria 2.0" con Cris de Caldas. A actividade está orientada a nenos e nenas de 4 a 8 anos con entrada libre e de balde.

Contacontos con Raquel Queizás

"chimpo de rá" é o título do contacontos infantil que organiza a Biblioteca de Redondela e que terá lugar o venres 29 ás 17:30 horas. A cargo de Raquel Queizás e orientado e nenos e nenas de 1 a 4 anos, cómpre inscrición previa na Biblioteca ou a través do teléfono 986 401561. A actividade […]

Festa solidaria da peña Chokoslovakos

A presentación oficial da peña do Chco será este venres a partir das 19:00 horas na antiga Feira do Gando cun concerto con entrada de balde e recollida de alimentos non perecedoiros. Todos aqueles que acheguen alimentos entrarán nun sorteo de camisetas de xogadores míticos do club como Cortegoso, Comis, Gabo, Félix, Tomás Abelleira. A música […]

Tómbola solidaria da Asociación contra o Cáncer

A Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Redondela celebra o seu tradicional cea tómbola solidaria o vindeiro venres día 29, ás 22 horas no Casona da Torre. O prezo do prato é de 40 euros por persoa, que se destinarán a manter os servizos gratuítos da asociación para pacientes e familiares. Para que todas […]

Festa popular de Froles Mareliñas

Décima edición dunha festa na Senda verde de Chapela na que non faltará a música, o baile e a gastronomía e cuxa organización corre a cargo da Asociación Froles Mareliñas en colaboración co concello. A cita arrancará xa ao mediodía do sábado 30 con actuacións musicais nunha sesión vermú na que se servirán mexillón de […]

Asemblea Comisión festas de Reboreda

A Comisión de festas da parroquia convoca aos veciños a unha asamblea xeral que se celebrará este sábado 30 ás 18:30 horas na Igrexia de Reboreda. Na asamblea darase conta das xestións realizadas para a celebración das pasadas festas así como do estado de ingresos e contas da comisión. Procederase ademias á elección da nova […]

Festival Grupo Folclórico Anaquiños

O grupo Folclórico “Anaquiños” celebra  este sábado o seu festival anual no que participan a Agrupación Folclórica Cuelebre – Lugones procedente de Asturias e o grupo Cultural e Recreativo de Danzas e Cantares de Ponte de Lima de Portugal. O Grupo Folclórico Anaquiños, como organizadores do festival, participa coas distintas seccións de baile -infantil e […]

Festas de Comboa en Soutomaior

O barrio de Comboa, en Soutomaior, inicia hoxe as súas festas na honra á Virxe do Rosario. O programa festivo arrinca hoxe venres cunha verbena coas orquestras Charlestón Big Band e Xtra. Mañá haberá un pasarrúas pola mañá coa Banda Unión Musical de Tenorio antes da misa solemn seguida da procesión. Pola noite, a verbena […]

Concerto Airiños da Peneda

O grupo Airiños da Peneda do Viso celebra un novo concerto no Multiúsos da Xunqueira cun repertorio cargado de temas do seu último disco “Sorrisos no ceo”. O concerto será este sábado 7 ás 20.00 horas no auditorio do Multiusos da Xunqueira con entrada gratuíta que se pode retirar a partir das 16.30.