Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos na Biblioteca de Arcade

Ler Conta Moito' chega ao seu remate na Biblioteca Luis Seoane de Arcade cunha última actuación o mércores, 11 de outubro, a cargo de Garabullo. Actuación ás 18:00 horas co espectáculo infantil 'Pirula e o home de millo'.

Festas de San Fausto en Chapela

Verbenas e actos relixiosos en Chapela para celebrar o San Fausto A parrqouia de Chapela inicia este xoves as Festas de San Fausto cunha misa solemne ás 12.30 horas seguida de procesión. Ás 14.00 horas actuará o coro Tirapuxa e pola noite ás 22.30, arrancará a verbena amenizada pola orquestra Marbella e Dury DJ. O […]

Asemblea informativa en Chapela

Asemblea informativa en Chapela sobre as obras de reposición de viais na parroquia A Asociación de afectados pola AP-9 convoca para o mércores 18 ás 19:00 horas unha asemblea informativa para abordar o inicio das obras de reposición de viais que está previsto se inicien a finais de mes tanto en Chapela como en Trasmañó. […]

Charla sobre seguridade en Chapela

A Policía imparte unha charla de seguridade para persoas maiores en Chapela. A Asociacións de veciños da parroquia organiza esta actividade que terá lugar o xoves 19 ás 17:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego. Na charla abordaranse as principais tipoloxías delictivas que afectan ao colectivos de persoas maiores e achegaranse consellos para evitar este […]

Charla sobre nutrición e cancro no Multiúsos da Xunqueira

Patricia González Gaviño e Clara Hernández González, ambas as dúas farmaceuticas e nutricionistas falarán este xoves ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira nunha charla que servirá para achegar aos asistentes pautas dietéticas e que tipo de alimentos son máis axeitados consumir tanto na prevención como durante os tratamentos oncolóxicos. A actividade está organizada pola […]

Proxección “Las niñas” en Arcade

Soutomaior está a celebrar en colaboración coa Filmoteca Nacional o Día do Cine Español. Faino coa proxección de diferentes títulos que esta fin de semana achegarán ao multiúsos a premiada “Las niñas”. Película premiada con catro Goyas no ano 2020, lévanos ata a década dos noventa. A protagonista é Celia, unha nena de 11 anos […]

“O Corno” e Jaione Camborda en Arcade

O Multiùsos  de Arcade acolle o sábado a proxección da aclamada O Corno, premiada coa Concha de Ouro no festival de San Sebastián deste ano. A directora Jaione Camborda lévanos ata a Illa de Arousa no ano 1971. María gaña a vida recollendo marisco e tamén é coñecida pro axudar a outras mulleres no parto. […]

Magosto en Negros

A Asociación de veciños de Santa Estevo de Negros  convoca diferentes actividades para este mes de outubro que arrancarán xa este domingo 22 cunha cita propia da época como é o magosto. Unha gran castañada a partir das 17:30 horas no centro cultural amenizada polos grupos de Gaitas Tirapuxa de Trasmañó e Froles Mareliñas.

Teatro en Cedeira

O Centro Cultural propón para este mes de outubro dúas fins de semana cargadas de teatro para todos os públicos. A primeira das propostas será este domingo 22 co grupo de teatro Fonte da Tella de Soutomaior quen repesenta a obra “A pequena cabana”. A representación será ás 18:30 horas con entrada de balde.

Escola de pais e nais con fillos adolescentes

A Federación de Anpas de Redondela pon en marcha unha escola de pais e nais que busca ser un espazo no que reflexionar, comprender e atopar ferramentas para acompañar aos fillos e fillas nesa etapa dun xeito máis saudable e satisfactorio. Convocan a todas as persoas interesadas a achegarse a unha actividade que arrancará o […]

Títeres na Biblioteca de Chapela

Co gallo da celebración o vindeiro martes 24 de outubro do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Xela Arias convida ao seu público lector a un espectáculo que leva por nome "Onde viven os monstros", unha obra de títeres da man de Carmen Domech. Orientado a público familiar a actividade será o martes da vindeira semana […]

Presentación La trampa Ucraniana

Luis Gonzalo Segura presenta o libro “La trampa Ucraniana” O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres 27 ás 20:00 horas a presentación dun novo libro do ex tenente Segura no que o autor fai unha análise dos motivos que estarían detrás da guerra entre Rusia e Ucraína, unha versión completamente diferente da “oficial” defendida dende […]