Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre seguridade en Chapela

A Policía imparte unha charla de seguridade para persoas maiores en Chapela. A Asociacións de veciños da parroquia organiza esta actividade que terá lugar o xoves 19 ás 17:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego. Na charla abordaranse as principais tipoloxías delictivas que afectan ao colectivos de persoas maiores e achegaranse consellos para evitar este […]

Charla sobre nutrición e cancro no Multiúsos da Xunqueira

Patricia González Gaviño e Clara Hernández González, ambas as dúas farmaceuticas e nutricionistas falarán este xoves ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira nunha charla que servirá para achegar aos asistentes pautas dietéticas e que tipo de alimentos son máis axeitados consumir tanto na prevención como durante os tratamentos oncolóxicos. A actividade está organizada pola […]

Proxección “Las niñas” en Arcade

Soutomaior está a celebrar en colaboración coa Filmoteca Nacional o Día do Cine Español. Faino coa proxección de diferentes títulos que esta fin de semana achegarán ao multiúsos a premiada “Las niñas”. Película premiada con catro Goyas no ano 2020, lévanos ata a década dos noventa. A protagonista é Celia, unha nena de 11 anos […]

“O Corno” e Jaione Camborda en Arcade

O Multiùsos  de Arcade acolle o sábado a proxección da aclamada O Corno, premiada coa Concha de Ouro no festival de San Sebastián deste ano. A directora Jaione Camborda lévanos ata a Illa de Arousa no ano 1971. María gaña a vida recollendo marisco e tamén é coñecida pro axudar a outras mulleres no parto. […]

Magosto en Negros

A Asociación de veciños de Santa Estevo de Negros  convoca diferentes actividades para este mes de outubro que arrancarán xa este domingo 22 cunha cita propia da época como é o magosto. Unha gran castañada a partir das 17:30 horas no centro cultural amenizada polos grupos de Gaitas Tirapuxa de Trasmañó e Froles Mareliñas.

Teatro en Cedeira

O Centro Cultural propón para este mes de outubro dúas fins de semana cargadas de teatro para todos os públicos. A primeira das propostas será este domingo 22 co grupo de teatro Fonte da Tella de Soutomaior quen repesenta a obra “A pequena cabana”. A representación será ás 18:30 horas con entrada de balde.

Escola de pais e nais con fillos adolescentes

A Federación de Anpas de Redondela pon en marcha unha escola de pais e nais que busca ser un espazo no que reflexionar, comprender e atopar ferramentas para acompañar aos fillos e fillas nesa etapa dun xeito máis saudable e satisfactorio. Convocan a todas as persoas interesadas a achegarse a unha actividade que arrancará o […]

Títeres na Biblioteca de Chapela

Co gallo da celebración o vindeiro martes 24 de outubro do Día das Bibliotecas, a Biblioteca Xela Arias convida ao seu público lector a un espectáculo que leva por nome "Onde viven os monstros", unha obra de títeres da man de Carmen Domech. Orientado a público familiar a actividade será o martes da vindeira semana […]

Presentación La trampa Ucraniana

Luis Gonzalo Segura presenta o libro “La trampa Ucraniana” O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres 27 ás 20:00 horas a presentación dun novo libro do ex tenente Segura no que o autor fai unha análise dos motivos que estarían detrás da guerra entre Rusia e Ucraína, unha versión completamente diferente da “oficial” defendida dende […]

Festas en Moscoso

A parroquia de Moscoso, en Pazos de Borbén, celebra este sábado 28 de outubro as súas tradicionais festas na honra da Inmaculada Concepción, a Virxe das Dores e da Esperanza. Os actos previstos arrancarán ás 12:30 horas coa misa solemne seguida de procesión, acompañada pola Banda de Gaitas O Son da Pedra quen interpretará un […]

ADIADO Magosto popular en Chapela

O Multiúsos do Piñeiral do Crego acolle este sábado 28 de outubro un magosto popular organizado pola Asociación de Veciños e Chapela en colaboración co Concello. Castañas de balde este sábado a partir das 17:00 horas en Chapela

Festival Casto Sampedro

O Multiúsos do Piñeiral do Crego acolle a IV edición do Festival Casto Sampedro de Redondela. Un encontro de música tradicional que contará a partir das 19:30 horas coas actuacións dos grupos O Carballo das Cen Pólas, Arrancaxestas de Ribadelouro e Cerne.