Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Escape Room Libera a pantasma!

O Multiúsos de Arcade acolle o domingo 29 o Escape Room Especial Samaín. Libera á pantasma! Polo Samaín as pantasmas quedan atrapadas no Multiusos as pequenas e pequenos deberán ser quen de liberalas resolvendo unha serie de crebacabezas, empregando contrasinais, combinacións e estratexias para completar este gran reto. Haberá 2 salas para este espace room […]

Teatro en Cedeira

O Centro Cultural de Cedeira acolle este domingo 29 de outubro unha nova proposta teatral que correrá a cargo do grupo A Cividade de Mos. Porán en escena a obra “Amor, diñerio e saúde” chea de humor e risas. A entrada é de balde ata completar o aforo. Unha actividade que conta coa colaboración da […]

Xincana de Samaín en Arcade

O martes 31, o programa Outono Aventura de Soutomaior súmase á celebración do Samaín cunha xincana moi especial. Unha cita destinada a mozas e mozos de 14 a 17 anos onde percorrerán as rúas de Arcade gozando dunha actividade deportiva e lúdica con contido Sumían.

Samaín en Negros

A Asociación de veciños de Santo Estevo de Negros, tralo éxito do ano pasado volven organizar para o día 31 dúas saídas pola parroquia. Os máis pequenos poderán participar dunha ruta que sairá do centro cultural ás seis da tarde en dirección o Regueiro, subida o Piñeiro, baixada cara Chan, camiño Magariños e regreso cunha […]

Festa do Samaín na Miñoteira

A festa do Samaín en Ventosela será no centro cultural da Miñoteira cunha celebración na que haberá bailes, probas endemoniadas, cabazas e moito máis.

Samaín en Soutomaior

O día grande da celebración será o sábado 4 de novembro (tras adiarse por previsións de mal tempo o día 28 de outubro), cunha festa que arrancará ás 17:45 na Praza de Cima de Vila onde haberá un obradoiro de candeas e outro de maquillaxe de Samaín. Xa ás 19:00 dará comezo nesa mesma praza […]

Reunión en Moreira

O alcalde de Soutomaor, Manu Lourenzo inicia unha rolda de reunión coa veciñanza nos barios do concello co obxecto de trasladar a veciños e veciñas cada un dos proxecto que está previsto levar a cabo. A primeira das citas este xoves, 9 de novembro, ás 17.30 horas coa veciñanza de Moreira na casa-escola do barrio.

TARDES DE OUTONO: Contos en familia

TARDES DE OUTONO: Contos en familia. Ciclo de contacontos para nen@s promovido pola Fundación Filomena Rivero Alonso e que terá lugar na Sala Infantil da Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela. O xoves 9 de novembro: "A grandeza do pequeno", con Iseo A Moura, dirixida a público a partir de 4 anos. O xoves 16 […]

Homenaxe nacional a Dorothé Schubart

Multiusos da Xunqueira

O Concello de Redondela organiza este acto para recoñecer e difundir o enorme traballo que sobre a cultura popular levou adiante Dorothé Schubart. Para isto contaremos coa presenza de persoas que conviviron con ela, con quen traballaron pezas musicais sobre a súa obra "Cancioneiro popular galego" e con grupos de música tradicional de Redondela. Un […]

Cata no Castelo de Soutomaior

A Deputación sumarase este domingo 12 de novembro xunto á Ruta do Viño Rías Baixas ás celebracións do Día Mundial do Enoturismo coa novena edición da Cata Amateur no Castelo de Soutomaior, aberta ao público e para a que xa están á venda as entradas na web do castelo (www.castelodesoutomaior.com) a un prezo de 8 […]

Concerto solidario en Soutomaior

A Asociación de Empresas, Comercios e Autónomos Soutomaior-Arcade, xunto coa Banda de Música Artística de Arcade, organizan este domingo, 12 de novembro, ás 17 horas, un concerto solidario na casa do pobo do Val-Sobral.

Programación 25N: Gala Sesé Mateo

Gala Sesé Mateo O auditorio da Xunqueira acolle o día 24 ás 20.00 horas a Gala Sesé Mateo, onde se fará entrega do III Premio de Xornalismo Sesé Mateo, no que se recoñece a ética á hora de tratar informacións relacionadas coa violencia machista. Presentada por Laura Vaqueiro (CRTVG) e coas intervencións das xornalistas Patricia […]