Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Voluntarios para o Banco de Alimentos

O Banco de alimentos busca voluntarios en Redondela para a súa Gran recollida do 24 e 25 de novembro. O obxectivo desta campaña é recoller 350.000 kilos de alimentos non perecedoiros que servirá para atender as necesidades dunhas 20.000 persoas en toda a provincia. A iniciativa estará presente en catro supermercados de Redondela e dende […]

En pé de igualdade

Teatro para conmemorar o Día Internacional da Memoria Trans O Multiúsos da Xunqueira acolle o luns 20 ás 16:30 horas unha obra de teatro dirixido a público adolescente e adulto. Trátase da obra “En pé de Igualdade”, con Marta Doviro e Arantxa Treus con temática de diversidade sexual. As actrices e humoristas ofrecen un espectáculo […]

Pleno infantil e concentración para celebrar o Día Internacional do Neno

O concelo de Redondela convoca o martes 21 ás 11:00 horas un pleno infantil onde nenos e adolescentes teran voz propia xunto a alcaldesa Digna Rivas e os demais membros da corporación. Os rapaces estarán acompañados polos seus mestres, e levarán pancartas feitas por eles mesmos coas súas reivindicacións. Rematado o pleno farán unha concentracion […]

Programación 25N: Roteiro guiado “As Mulleres da Vila”

O mércores día 22 a veciñanza poderá participar no roteiro guiado "As Mulleres da Vila" que partirá desde Vilavella e estará guiada por Soledad Chayán de Mellor con Guía. Para esta actividade é preciso reserva praza na Oficina Turismo (986401713 ou turismo@redondela.gal)

TARDES DE OUTONO: Contos en familia.

Multiusos da Xunqueira

TARDES DE OUTONO: Contos en familia Ciclo de contacontos para nen@s promovido pola Fundación Filomena Rivero Alonso e que terá lugar na Sala Infantil da Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela. O xoves 9 de novembro: "A grandeza do pequeno", con Iseo A Moura, dirixida a público a partir de 4 anos. O xoves 16 […]

Programación 25N: Lectura manifesto

Os escolares e colectivos do municipio serán os protagonistas o venres día 24 coa lectura dos manifestos elaborados por eles ás 12.00 horas na praza do Concello. A xornalista e tiktoker galega María Foscaldo, que dá vida a “Virtudes a Repunante” nas redes, será a encargada de presentar o acto. Media hora máis tarde, ás […]

Programación 25N: Acto Institucional

Acto Institucional O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o sábado 25 de novembro, celébrarase na Praza do Concello un acto ás 12.00 horas coa lectura da Declaración Institucional e a actuación da actriz e dramaturga Arantxa Treis coa peza "Sorpresa" . As actividades continuarán o domingo día 26 en Vilavella ás […]

I Serán de Soutoxuste

A Asociación de veciños O Eixo en colaboración coa Comisión de Festas do Carme de Soutoxuste e o Concello de Redondela organiza o 25 de novembro o I serán de Soutoxuste na parroquia do Viso. Unha actividade que arrancará ás 19:00 horas e que contará con carpa para evitar as inclemencias do tempo. Convídase á […]

Melodías de Disney

A Banda de música de Chapela celebra ou día de Santa Icia cun concerto pensado para toda a familia. Baixo o título “Melodías de Disney”, pequenos e non tan pequenos gozarán das melodías que nos acompañaron ao longo da nosa infancia nun concerto que estará acompañado pol actriz Cirstina Collazo. A cita é este domingo […]

XXV certame de corais en Cedeira

O centro cultural da parroquia colle este domingo 26 un festival que contará coa actuación das corais Polifónica de Reboreda, Santa Eulalia de Mos e a coral anfitrioa, a coral polifónica A Raíña de Cedeira. O concerto arrancará ás 18:30 horas e a entrada será libre ata completar o aforo. Colaboran concello de Redondela e […]