Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Melodías de Disney

A Banda de música de Chapela celebra ou día de Santa Icia cun concerto pensado para toda a familia. Baixo o título “Melodías de Disney”, pequenos e non tan pequenos gozarán das melodías que nos acompañaron ao longo da nosa infancia nun concerto que estará acompañado pol actriz Cirstina Collazo. A cita é este domingo […]

XXV certame de corais en Cedeira

O centro cultural da parroquia colle este domingo 26 un festival que contará coa actuación das corais Polifónica de Reboreda, Santa Eulalia de Mos e a coral anfitrioa, a coral polifónica A Raíña de Cedeira. O concerto arrancará ás 18:30 horas e a entrada será libre ata completar o aforo. Colaboran concello de Redondela e […]

TARDES DE OUTONO: Contos en familia

Multiusos da Xunqueira

TARDES DE OUTONO: Contos en familia Ciclo de contacontos para nen@s promovido pola Fundación Filomena Rivero Alonso e que terá lugar na Sala Infantil da Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela. O xoves 9 de novembro: "A grandeza do pequeno", con Iseo A Moura, dirixida a público a partir de 4 anos. O xoves 16 […]

Entrega premios Obradoiro de Estudos locais

A XVIII edición dos premios de fotografía do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy de Cesantes xa ten gañador. A mellor fotografía para o xurado deste ano foi a presentada por Sergio Lorenzo Ramilo que leva por título “Tras la tormenta” e que presenta un cabalo branco en primeiro plano. Os premios, nos que se […]

Acendido das luces en Redondela

O acendido en Redondela será na praza do Concello ás 20.00 horas do sábado día 2 de decembro. As actividades comezarán ás 18.00 horas cun concerto para público infantil e familiar con Uxía Lambona e a Banda Molona. A partires das 19.00 horas os pasarrúas de Latexo Percusión e as Aves do Paraíso de Barafunda […]

Acendido de luces de nadal Soutomaior

Un intenso programa que arrancará co acendido das luces ás 19:30 horas na Alameda de Talo Río. O concerto de Uxía, a Mostra de Nadal, a 1ªcarreira de San SilvestreFest e a Cabalgata de Reis son algúns dos ingredientes cos que contará Soutomaior para unha das épocas máis máxicas do ano que por primeira vez […]

ADIADO Teatro: Contos na Lareira

Contos historias e Lendas para nenos desde os 5 ata os 99 anos ou máis, procedentes do Folclore Galego mediante a Narración Oral dun selecto elenco de Artistas Galegos da man de “Rababiero Promocións Artísticas”. Subiranse ao escenario Soledad Felloza e Vero Rilo. Contos Na Lareira non é un show pechado a historias tradicionais galegas […]

Concerto: Santa Icía da Banda Municipal de Soutomaior

Concertos da programación de nadal de Soutomaior. A programación musical arrica co Concerto de Santa Icía da Banda Municipal de Música o 3 de decembro ás 13:00 h. no Multiusos de Arcade. Seguido do concerto da Coral Polifónica de Soutomaior o 4 de decembro ás 19:00 na Casa Cultural Regina Doval, o espectáculo de Fuco […]

Concerto solidario Abeleiras

A agrupación Abeleiras ofrece o domingo 3 de decembro un concerto solidario a favor de Cáritas. A actuación terá lugar no Multiusos da Xunqueira ás 19:00 horas. A entrada solidaria será de 5 euros

Espectáculo Fuco e Xela

A programación de concertos de nadal do Concello de Soutomaior continúa o 4 de decembro ás 19:00 na Casa Cultural Regina Doval, o espectáculo de Fuco e Xela da compañía Os Piñeiriños ás 17:30 e nesa mesma xornada tamén terá lugar o concerto Son das Tabernas ás 19:00 en Talo Río.

Concerto: Son das Tabernas

A programación de concertos de nadal do Concello de Soutomaior continúa o 4 de decembro ás 19:00 na Casa Cultural Regina Doval, o espectáculo de Fuco e Xela da compañía Os Piñeiriños ás 17:30 e nesa mesma xornada tamén terá lugar o concerto Son das Tabernas ás 19:00 en Talo Río.