Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concertos de Abraham Cupeiro en Soutomaior

Abraham Cupeiro, o músico que resucita instrumentos milenarios, estará en Soutomaior con dous dos seus espectáculos este venres 26. Pola mañá estará ás 12.00 h. no CEIP Manuel Padín Truiteiro e ás 13:00 h. no IES de Soutomaior con Resoando no pasado  e xa pola tarde, ás 19:00 h. na Igrexa de San Salvador en […]

Presentación da Toponimia de Cedeira

O Centro Cultural de Cedeira acolle o sábado ás 18:00 horas a presentación do libro "Toponimia de Cedeira" de María Pol. Ediatdo polo Concello participará no acto o técnico de Normalización Lingüística Xurxo Martínez, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a filóloga María Pol.

Ciclo “Vive o teatro”

A primeira das proposta do ciclo será o 27 de xaneiro ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira baixo o título “Contos na lareira” da man de Rababiero Promocións. Trátase de contos para nenos “desde o cinco até os 99 anos ou máis” procedentes da tradición galega e outras propostas mediante a narración oral. Organiza […]

Teatro en Chapela co grupo Fauna

 A Asociación Cultural de Chapela continua co seu X ciclo de teatro afeccionado co grupo Fauna, quen pon en escena a obra "Os veciños do lado":   Unha parella convencional recibe a visita duns novos veciños. O que nun principio parece unha cea de cortesía acaba sendo un encontro disparatado de dobres intencións. A cita o […]

Teatro infantil

A obra “Solo” de Roi Borrallas será a encargada de abrir o ciclo de teatro infantil que organiza a Concellerí de Cultura.  Actuación a tres euros o domingo 28 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.

Obradoiro de ilustración

A Biblioteca de Chapela contará coa ilustradora da parroquia, Nusy Lo, quen se encargará de guiar unha sesión aberta de debuxo con nenos e nenas a partir de catro anos. A actividade terá lugar o martes 30 de xaneiro a partir das 18:00 horas con inscrición previa no teléfono 986 454226.

VI Humor na súa tinta

Chega a VI edición de "Humor na súa Tinta" cun programa cheo de actuacións e humoristas destacados de Galicia. A iniciativa do Concello de Redondela consiste en traer ao Multiusos da Xunqueira un espectáculo humorístico ao mes, entre o próximo outubro e febreiro do ano que vén. Así, o 22 de outubro preséntase “O musical […]

Entroido Infantil e Xuvenil

A programación do Entroido de Redondela comeza ás 17:00h con obradoiros para os máis cativos e cativas na Alameda de Castelao. Ás 18:00h continúan as actividades infantís e xuvenís con 'Psychodelia' de Trula Animación. Un pasarrúas que percorrerá ás rúas Alfonso XII, Ribeirae Xeneral Rubín. Dentro do contido deste espectáculo podemos ver a actores manipulando […]

Festa do Entroido no Campo da Feira

A programación de Entroido de Redondela comeza o día 10 con actividades infantís na Alameda de Castelao. De cara á noite, a partir das 21:00h, terá lugar a actuación de 'La Patrulla' con versións de Pop Rock Español. Ás 23:15h continúa a música cun tributo a Estopa da man dos 'Estopaos'. XA ás 00:30h o […]

Entroido de Redondela – Queima do Meco

O Martes de Entroido seguirá a tradición e engadirá sorpresas con actividades e obradoiros para toda a familia. De 17:00h a 18:30h transcurrirá o desfile e Concurso de Disfraces individual e colectivo. A inscrición faise o mesmo día nos soportais do Concello dende ás 16:0oh. A entrega de premios será no mesmo lugar da inscrición […]

Entroido de Chapela

O Entroido de Chapela, coa súa propia tradición detrás, comeza ás 17:00 h coa Concentración das Comparsas no Alto da Encarnación. Ás 18:00h os Percusionistas e Tamborileir@s Aperta comezan o seu pasarrúas, mentres de forma simultánea ás seis da tarde comeza a Comitiva do Enterro do Berete dende o Alto da Encarnació ata a Praia […]

Desguatación de té de camelia

As degustacións de té de camelia no Castelo de Soutomaior  están previstas para os días 23 de febreiro e 22 de marzo, cun aforo máximo de 25 persoas, un prezo de 8 euros e unha duración aproximada de dúas horas. A actividade consistirá nunha visita guiada polos xardíns e o castelo prestando especial atención ás […]