Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Doazón de sangue en Redondela

A unidade móbil da Axencia de doazón de sangue estará en Redondela ao carón do Concello o martes 21 de maio en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Calquera persoa interesada pode achegarse e doar sangue sen cita previa.  

Acto de Ana Pontón en Redondela

Ana Pontón asiste en Redondela a un acto de precampaña das elección europeas. A cita será na Alameda Castelao ás 20:30 horas de hoxe mércores. Ademais da portavoz nacional asistirá a cabeza de lista do BNG ás elección europeas do vindeiro 9 de xuño, Ana Miranda, así como o portavoz municipal, Xoán Carlos González.

Programa conciliación en Soutomaior

O programa “Trouleando en Soutomaior” amplía a idade dos participantes ata os 16 e anos co obxecto de dar este servizo ás familias con nenos e nenas pero tamén con adolescentes. A iniciativa desenvolverase dende o 24 de xuño ata o 6 de setembro, abarcando así a totalidade do período non lectivo da rapazada. As […]

“Made in Galicia” en Arcade

Sarabela teatro chega ao Multiúsos de Arcade  coa adaptción do obra de Sechu Sende "Made in Galicia".  O sábado 25 de maio ás 21:00 horas.

Contacontos con Yolanda Castaño

A programación das Letras Galegas péchase en Soutomaior o mércores 29 de maio cos Contacontos en verso con Yolanda Castaño, unha cita que terá lugar ás 18:00h. na Biblioteca Luís Seoane de Arcade.

Rock Redondela

Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man. O venres a noite está reservada para os amantes do rock co programa Rock Redondela e as actuacións dos grupos locais Chocolate Sexy (21:00 horas), Volvoreta(22:15 […]

Asemblea sobre o PXOM en Cedeira

A asociación veciñal de Cedeira convoca unha asemblea sobre o PXOM. A Asociación de veciños San Bernardo de Cedeira convoca na tarde de hoxe unha asemblea aberta a toda a parroquia co obxecto de informar á veciñanza sobre cuestións relacionadas co Plan Xeral de ordenación Municipal que se atopa actualmente en fase de presentación de alegacións. […]

Concerto no Multiúsos

Concerto do Conservatorio Superior de Música de Vigo en Redondela. Alumnado do Conservatorio Superior de Música de Vigo ofrecerá na tarde de hoxe ás 19:30 un concerto de balde no auditorio da Xunqueira. Enmarcado dentro do convenio asinado entre o centro de estudios musicais vigués e o Concello de Redondela, esta actuación inaugura un programa de […]

Festa da Coca

Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man. A xornada comezará ás 11:00h cunha Alborada a cargo da Banda de Música de Arcade que darán tamén un concerto ás 18:00 horas na Alameda de […]

Festa da Coca

Do 29 de maio ao 2 de xuño Redondela celebra a súa semana grande coas Festas da Coca, onde a tradición e a mellor oferta musical van da man. O domingo, día 2 de xuño, o desfile da Coca será tamén ás 12.00 cos Mordomos e Diañiños, acompañada por Xigantes e Cabezudos ao son do […]

Tinta do mar. Pequena biografía de Luisa Villalta

Enmarcado dentro das actividades organizadas dende o Concello de Redondela co gallo das Letras galegas, a alameda Rosalía de Castro de Chapela acolle este xoves día 6 de xuño ás 18:00 horas un espectáculo que permitirá achegarse a vía e obra da poeta homenaxeada, Luisa Villalta. A actividade, organizada pola Deputación de Pontevedra e o […]

VII encontro da Canción galega

O Multiusos da Xunqueira acolle o sábado 8 ás 20:00 horas un encontro de corais no que participan a Coral de Quiroga de Lugo, a coral Areosa de Narón da Coruña e a coral de San Esteban de Negros de Redondela. Entrada de balde ata completar o aforo.