Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Taller de creatividade

Arte e xogos para todos e todas: A fundación Filomena Rivero Alonso en colaboración co concello organiza o venres 14 unha actividade orientada a nenos e nenas a partir dos 5 anos de idade. Consiste nun taller de actividades creativas de libre expresión impartido por Taller Abierto en horario de 17:00 a 18:30 horas. Información e […]

En marcha contra o cancro

A Asociación española contra o cáncer celebra o domingo 16 de xuño a V edición da súa andaina solidaria “en marcha contra o cancro” co obxecto de recadar fondos ao tempo que concienciar sobre a necesidade de seguir investigando e traballando en prevención e tratamentos contra a enfermidade. Nesta ocasión o percorrido partirá dende a […]

Concerto de Mykyta Burtsev & José Manuel Fernández

O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres día 5 ás 20:30 horas o recital lírico “A noite das flores” a partir das 20:30 horas. Un acto musical en memoria de  Jesús Fontenla que contará coa voz do barítono ucraíno Mykyta Burtsev acompañado ao piano por José Manuel Fernández. Organiza o Coro Voces graves de Vigo […]

Festival Rebulir

Soutomaior énchese de danza co Festival Rebulir. A carballeira do Peirao de Arcade acolle o vindeiro domingo 7 de xullo a 1ª edición do Festival de Danza Contemporánea Rebulir, con presenza de compañías de renome como Elahood, Ixa e Daniel Rodríguez e actividades en paralelo con diferentes obradoiros. O domingo 7 de xullo pola mañá, ás […]

Concerto de Crónicas Pop

A Alameda de Rosalía de Castro (Chapela) acolle o concerto de Crónicas Pop dentro da programación cultural de verán do Concello de Redondela. Crónicas Pop é un grupo de Vigo, que desde 2014 interpreta nos seus concertos fagas unha versión dos mellores grupos de pop-rock en castelán desde os anos 80' ata a actualidade. A […]

Sardiñada en Cedeira

O Centro cultural de Cedeira acolle este sábado día 13 a partir de las 19,30h unha sardiñada acompañada por viños da parroquia aberta aos socios pero na que poderán tamén participar particulares que o desexen abonando un prezo popular de cinco euros. O acto estará amenizado polo grupo de gaitas Airiños de San Simón de […]

Concerto de Abeleiras

O domingo día 14 o protagonismo será para a música tradicional co concerto de Abeleiras na Praza da Casa da Torre ás 22:00 horas. Esta formación con orixe en Soutomaior está composta por 34 integrantes. No seu amplo repertorio pódense atopar desde cancións populares galegas a cancións propias. A programación cultural estival do Concello de […]

Concerto de Alberto Vilas

O sábado 13 é o turno do artista redondelá Alberto Vilas, co seu traballo “Once cancións e unha danza” nun concerto no Carballo das Cen Pólas no que contará coa colaboración de Cristina Suárez. O domingo día 14 o protagonismo será para a música tradicional co concerto de Abeleiras na Praza da Casa da Torre. […]

Concerto de RetroBlues + Jay & The smoking machines

Os amantes do blues teñen unha cita o venres 19 de xullo co Retroblues+Jay&The Smoking Machines na Praza da Torre ás 22.00. Retroblues está formado por Jorge Álvarez no baixo, Nardo Lago na trompeta, Lucho Vilas na batería e Juan Álvarez na guitarra e na voz. Xuntos fan rock&roll clásico mesturado con blues que como […]

XXVIII Festival de Bandas de Música

A cita o sábado 20 será en Chapela co XXVIII Festival de Bandas de Música na Alameda Rosalía de Castro. *A programación cultural estival do Concello de Redondela inclúe unha vintena de concertos, o Festival de Artistas de Rúa e o Entroido de Verán. As propostas musicais van desde os grupos tradicionais ata o rock, […]

Cantatorrella no Brisa

A formación redondelá actúa o mércores 24 ás 21:00 horas nun concerto que terá lugar no Brisa Chiringo da praia da Punta en Cesantes.

Airiños da Peneda e a Banda Artística de Arcade

Na véspera do Día de Galicia, o 24 de xullo, o campo da feira de Redondela acollerá os concertos de Airiños da Peneda e a Banda Artística de Arcade desde as 22.00 horas. O día grande, o 25 de xullo, o protagonismo será para a cantautora galega Sés cun concerto no paseo marítimo de Chapela […]