Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Visitas terroríficas” ao Castelo de Soutomaior

As “visitas terroríficas” ao Castelo de Soutomaior regresan polo Samaín A Deputación lanza unha oferta de máis de 1.000 prazas con pases nocturnos para adultos e diúrnos para familias a cargo da compañía Troula Animación. As entradas terán un prezo de 8 euros por persoa e poranse á venda proximamente na web do Castelo. Uns […]

Charla sobre “A falsa neutralidade da Constitución Española”

O Colectivo republicano de Redondela organiza esta tarde ás 20:00 na Casa da Cultura horas unha conferencia titulada “A falsa neutralidade da Constitución Española” a cargo do capitán de navío da Armada retirado Manuel Ruiz Robles, membro fundador e portavoz del Colectivo de Militares Demócratas “Anemoi” e exmembro da Unión Militar Democrática (UMD). O acto […]

Festas de San Fausto

Tres días de festa en Chapela na honra a San Fausto A parroquia de Chapela acolle os días 11, 12 e 13 verbenas e actos relixiosos co gallo do seu patrón. As actividades arrancarán o venres pol noite con verbena a partir das dez amenizada pola orquestra Escaparate e Xtra. O sábado ás 12:30 celebrarase […]

Doazón de Sangue en Redondela

A Axencia galega de Doazón de sangue desprázase o vernes 11 a Redondela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas. Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello o día 11 de outubro en horario de mañá […]

Teatro en Cedeira

O Centro Cultural de Cedeira acolle o domingo 13 ás 19:00 horas a obra de teatro Velaiovén a cargo do grupo A Cividade de Mos. Unha comedia con entrada de balde ata completar o aforo. O acto conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra

Pago do IBI

O venres 18 de outubro remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Finalizado este prazo aqueles contribuíntes que non tiveran realizado o pago deberán enfrontarse aos recargos correspondentes. Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o […]

Certame de Corais en Cedeira

O centro cultural de Cedeira acolle este domingo o seu XV certame de corais ás 18:30 horas coa participación da coral Polifónica de Reboreda, a coral A Raiña do Centro Cultural de Cedeira e a polifónica A Golada. A entrada será de balde ata completar o aforamento. Colaboran o Concello de Redondela e a Deputación […]

Programa de emprego para xente moza

A asociación de empresarios abre o prazo para inscribirse nun programa de emprego para xente moza As persoas participantes – vinte mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idades- terán a oportunidade de formarse en empresas de diferentes sectores. O programa leva pro nome Xuventude Mentoring na emprega e os participantes recibirán […]

Obradoiro de deseño e manexo de bosques comestibles

O Sindicato Labrego Galego e COAG organizan un obradoiro de deseño e manexo de bosques comestibles arredor da produción e consumo sostible de alimentos saudables durante os días 25, 26 e 27 de outubro na Horta do Cadaval (Redondela) e que estará impartido polo experto David Botana. O obradoiro consiste en introducir distintas árbores para […]

“Verso a verso” con Charo López

O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado 26 de outubro ás 20:00 horas o espectáculo Verso a Verso interpretado por Charo López. Unha cita cargada de música e poesía con entrada de balde previa retirda da invitación no propio multiúsos. A veterana actriz comparte escenario neste espectáculo co barítono Luis Santana e o pianista Víctor […]

V Festival Casto Sampedro

O Multiúsos acolle a V edición do Festival Casto Sampedro Un festival de música e baile que contará coas actuacións da Asociación Folclórica O Carballos das cen pólas de Reboreda, a asociación cultural Froles Mareliñas de Chapela e a Asociación Ondiñas do Mendo de Leirado de Salvaterra do Miño. A cita é este domingo 27 […]

Doazón de sangue en Chapela

O centro de transfusión de Galicia desprázase á parroquia de Chapela. As persoas que desexen doar poden achegarse a unidade móbil instalada diante do IES Chapela o mércores 29 en horario de 10:00 a 14:30 horas.