Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Certame de Corais en Cedeira

O centro cultural de Cedeira acolle este domingo o seu XV certame de corais ás 18:30 horas coa participación da coral Polifónica de Reboreda, a coral A Raiña do Centro Cultural de Cedeira e a polifónica A Golada. A entrada será de balde ata completar o aforamento. Colaboran o Concello de Redondela e a Deputación […]

Programa de emprego para xente moza

A asociación de empresarios abre o prazo para inscribirse nun programa de emprego para xente moza As persoas participantes – vinte mozos e mozas de entre 18 e 30 anos de idades- terán a oportunidade de formarse en empresas de diferentes sectores. O programa leva pro nome Xuventude Mentoring na emprega e os participantes recibirán […]

Obradoiro de deseño e manexo de bosques comestibles

O Sindicato Labrego Galego e COAG organizan un obradoiro de deseño e manexo de bosques comestibles arredor da produción e consumo sostible de alimentos saudables durante os días 25, 26 e 27 de outubro na Horta do Cadaval (Redondela) e que estará impartido polo experto David Botana. O obradoiro consiste en introducir distintas árbores para […]

“Verso a verso” con Charo López

O Multiúsos da Xunqueira acolle o sábado 26 de outubro ás 20:00 horas o espectáculo Verso a Verso interpretado por Charo López. Unha cita cargada de música e poesía con entrada de balde previa retirda da invitación no propio multiúsos. A veterana actriz comparte escenario neste espectáculo co barítono Luis Santana e o pianista Víctor […]

V Festival Casto Sampedro

O Multiúsos acolle a V edición do Festival Casto Sampedro Un festival de música e baile que contará coas actuacións da Asociación Folclórica O Carballos das cen pólas de Reboreda, a asociación cultural Froles Mareliñas de Chapela e a Asociación Ondiñas do Mendo de Leirado de Salvaterra do Miño. A cita é este domingo 27 […]

Doazón de sangue en Chapela

O centro de transfusión de Galicia desprázase á parroquia de Chapela. As persoas que desexen doar poden achegarse a unidade móbil instalada diante do IES Chapela o mércores 29 en horario de 10:00 a 14:30 horas.

Programación 25N: Formación en autodefensa

O sábado 23 de novembro está programada a actividade de “Formación en autodefensa” no Pavillón Municipal de A Marisma a partir das 10.00 horas para a que se precisa inscrición previa no enderezo igualdade@redondela.gal.

Xornada sobre o alzheimer en Arcade

As xornadas “Alzheimer de preto”, organizadas pola Federación Atlántica de Asociacións de Familias de Persoas con Alzhéimer e outras demencias (FADEAL) xunto coa Deputación de Pontevedra, continúan o seu percorrido pola provincia e chegan este mércores 6 de novembro a Soutomaior. Será no Multiúsos de Arcade de 16:00 a 20:00 horas con entrada libre ata […]

Charla sobre Igualdade e discapacidade

A Federación de ANPAs de Redondela, en colaboración con ANPAS Galegas, organiza unha actividade dirixida a familias e á comunidade educativa sobre Igualdade e Discapacidade. A actividade terá lugar este venres 8 de novembro, ás 19:00 horas, no Auditorio do Multiusos de Redondela, e contará coa participación de COGAMI. Este encontro busca fomentar o diálogo […]

Presentación libro da toponimia de Chapela

O acto terá lugar este venres 8 ás 20:00 horas nas instalacións do Piñeiral do Crego e no mesmo participarán a filóloga e autora do texto, María Pol, e a alcaldesa Digna Rivas. Haberá reparto de exemplares entre os asistentes. O libro realiza un exhaustivo estudo dos topónimos e microtoponimos desta parroquia. Recóllense e clasifícanse […]

Concerto de Luismi Partera en Espaço Vivo

Espaço Vivo é unha sociedade cooperativa galega nada para como un proxecto de economía circular baseado no agro e na cultura do noso país. Ten como obxectivo promover unha mestura entre a agricultura, as artes e a gastronomía vegana. Contan cun centro de produción hortícola propio e unha pequena sala para o procesado e elaboración dos […]

Campamento de conciliación de Nadal

A Concellería de Igualdade oferta 180 prazas para un campamento orientado a nenos e nenas de 3 a 12 anos que se desenvolverá dende o 23 de decembro ata o 3 de xaneiro coincidindo coas vacacións escolares do Nadal. As persoas interesadas deben inscribirse antes do 12 de novembro no Rexistro xeral do Concello. O […]