Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Magosto da Sinha Paca

O recinto das antigas casa dos mestres de Santa Mariña acolle este sábado a partir das 17:00 horas a VI edición dun magosto no que ademais do reparto de castañas entre os asistentes non faltará a música a cargo dos grupos grupos CantaTorrella, Folklore Moderno, El Nani, e Dj Öne. Leo de Matamá será o […]

Concerto de Su-Min (Corea-Alemaña) en Espaço Vivo

Espaço Vivo é unha sociedade cooperativa galega nada para como un proxecto de economía circular baseado no agro e na cultura do noso país. Ten como obxectivo promover unha mestura entre a agricultura, as artes e a gastronomía vegana. Contan cun centro de produción hortícola propio e unha pequena sala para o procesado e elaboración dos […]

25 aniversario do grupo Fonte da Tella

O grupo de teatro Fonte da Tella celebra o sábado 16 o seu 25 aniversario. Unha data moi especial que queren conmemorar cunha xornada de música e teatro que se vai desenvolver na casa do pobo Val Sobral o sábado 16 ás 19:30 horas. Arrancarán cun concerto a cargo da orquestra de saxos de Redondela […]

A ciencia da adolescencia

Arantxa Treus e Ledicia Costas presentan en Redondela o espectáculo de humor A ciencia da adolescencia. A proposta cómica e científica a un tempo poderá verse este domingo 17 ás 18:00 hora con entrada de balde. Unha combinación de humor e divulgación científica que busca entreter e aprender e que chega ao Multiúsos da Xunquiera […]

Actuación da Rondalla de Redondela

A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda acolle o sábado día 23 ás 20:00 horas un concerto da "Rondalla de Redondela" con entrada de balde.

Concerto de Lula Mora en Espaço Vivo

Lula Mora son un dúo de indie-folk en galego formado por Sara Caride de Cambados e Silvia Izquierdo de Santa Cruz de Tenerife. Chegarán a Redondela o domingo 24 de novembro en sesión vermú ás 12:30 horas pechando a programación de Espaço Vivo para este mes. Combinan a música de raíz, sobre todo de Galicia, […]

Programación 25N: Acto institucional e performance “Sempre hai saída”

O acto institucional do día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, 25 de Novembro, será na Praza do Concello a partir das 12.00 horas coa lectura da Declaración Institucional e a Performance “Sempre hai saída” de Neves Seara e Arancha Nogueira. Durante a actuación o alumnado dos centros escolares e Centros de Día de Redondela, […]

Concerto de Lula Mora en Espaço Vivo

Espaço Vivo é unha sociedade cooperativa galega nada para como un proxecto de economía circular baseado no agro e na cultura do noso país. Ten como obxectivo promover unha mestura entre a agricultura, as artes e a gastronomía vegana. Contan cun centro de produción hortícola propio e unha pequena sala para o procesado e elaboración dos […]

Concerto solidario de Cáritas Redondela

O Multiusos da Xunqueira acolle o venres 29 de novembro ás 20:00 hora os concertos de Alberto Cunha e de Os trobeiros da ponte. A entrada ten un custe de 5 euros e os puntos de venta están localizados no Multiusos e no Café da Vila. Tamén pode facerse a doazón a través do número […]