Hoxe é Martes 11 de Marzo de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Papanoelada Moteira

O domingo 15 de decembro o concello de Redondela acollerá unha nova edición de a Papanoelada Moteira. Comezará ás 17.30 horas con saída de todos os participante dende a explanada de Aqualia. Os participantes deberán acudir disfrazados de Papá Noel para realizar un roteiro polas parroquias da localidade.

Taller de Coroas de Nadal

O Centro cultural de Cedeira acolle o domingo 15 un obradoiro de Coroas de Nadal en horario de tarde de 17:30h a 20h. As prazas están limitadas baixo inscrición previa.

Papá Noel a Redondela e Chapela

Do 17 ao 24 de decembro nenas e nenos poderán visitar a Casa de Papá Noel que, como en anos anteriores, quedará instalada na Alameda Castelao. Os horarios de visita serán de 17 h a 19:30 todos os días, agás o día 24 que será en horario será de mañá, de 11 h a 14 […]

Contacontos en Chapela

A Biblioteca de Chapela no Multiúsos do Piñeiral acolle este martes unha sesión de contacontos con Lía, unha usuaria da propia biblioteca quen será a encargada de animar a grandes e cativos coa súa proposta “Contando no Nadal”. Será este martes 17 ás 18:30 horas orientado a rapazada a partir dos 3 anos. Compre inscribirse […]

Aluguer da cantina do Centro Cultural de Cabeiro

O centro cultural e social de Cabeiro saca a poxa a cantina do centro por espacio de catro anos. O contrato de alugueiro entraría en vigor no ano 2025. Poden concorrer a este concurso tanto socios como non socios e persoas que desexen poñer en marcha este servizo independentemente da súa procedencia. As persoas interesadas […]

Nadal Total na Biblioteca de Redondela

Un ano máis chega á Biblioteca Municipal a programación do Nadal Total organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso. As actividades desenvolveranse na sala infantil da biblioteca de Redondela e  contarán coa contadora Olga Cuervo e a ilustradora Chus Rojo. Os contacontos desenvolveranse o mércores 18 e o venres 20. Dúas sesión ás seis da tarde […]

Mercadiño de segunda man

O concello de Soutomaior celebra un mercado de 2ª man o venres 20 de decembro co obxecto de dar unha segunda vida a eses obxectos que xa non precisamos pero que poden ser de utilidade a outras persoas pro atoparse en bo estado de conservación. Este mercado veciñal e solidario levarase a cabo o día […]

Concerto de Nadal do Conservatorio

O conservatorio Victor Ureña de Redondela celebra o venres 20 ás 20:00 horas o seu tradicional concerto de Nadal. Participan alumnos e alumnas de todas as especialidades instrumentais como o ensemble de clarinetes e a banda de música ademais do coro. Interpretarán pezas típicas da época como “Churumbelerias” ou “White Christmas así como unha selección […]

Festival de Nadal con Anaquiños

O Grupo Folclórico “Anaquiños” de Chapela (Redondela), celebra este sábado 21 de decembro o seu “Nadal Folclórico”, unha cita musical e de baile que veñen realizando dende hai anos. O acto dará comezo ás 18:00 h. no Multiusos do Piñeiral de Chapela, con entrada de balde, e participarán todas as seccións que forman o Grupo […]

Festival de Panxoliñas e Canción Tradicional

O Auditorio da Xunqueira acolle esta fin de semana, os días 21 e 22 de decembro, unha nova edición do Panxoliñas e Canción Tradicional. O concertos comezarán o sábado ás 18.00 horas coas actuacións do Coro Tradicional Tirapuxa Trasmañó, a Coral San Estevo e a Coral da S.L.C. de Reboreda. O domingo o festival comezará […]

Brais das Hortas en Vilar

Enmarcado dentro do II Ciclo infantil “Queremos galego” da programación de Nadal do Concello, o teatro chega ao Centro Cultural de Vilar de Infesta o domingo 22 de decembro con Brais das Hortas. O artista ofrecerá ás 18:00 horas o espectáculo “Consertasso a horta”, con música e humor para todos os públicos.

O Apalpador visita Cesantes

O II Ciclo infantil “Queremos galego” da programación de Nadal do Concello chega a Cesantes, será coa tradicional figura do Nadal galego, o Apalpador, quen visitará o Centro Cultural o día 23 de decembro ás 18.00 horas para reunirse coa rapazada.