Hoxe é Luns 12 de Maio de 2025

Sobria y Serena. El Chou

O sábado día 15 de marzo está programado o espectáculo “Sobria y Serena. El Chou”, dentro da programación do 8M do Concello de Redondela. Jazmín Abuín e Arantxa Treus son as protagonistas deste show de humor no que fan unha viaxe pola súa vida a golpe de gargalladas. Será ás 20:00 horas Multiúsos da Xunqueira […]

Excursións para maiores

Redondela abre o prazo para participar nas excursións que o concello organiza para as persoas maiores. O programa “Redondela viaxa” arranca cunha excursión a Padrón e Santiago de Compostela con saídas os días 24, 25, e 26 de marzo. O prazo de inscrición estará aberto desde o luns día 17 ata o venres día 21 […]

Presentación do libro “Galegas na música”

Dentro da programación do 8M do Concello de Redondela, o 21 de marzo presentarase o libro “Galegas na Música” de Isabel Blanco, coa actuación musical de Zousaxmas, no Conservatorio Municipal Víctor Ureña ás 20:00 horas. Este libro reúne unha escolma de biografías de mulleres galegas dedicadas á música, dende a primeira xoglaresa ata as máis […]

Scape Room “Mulleres de Redondela”

As mulleres que escribiron parte da historia de Redondela serán as protagonistas dun “Scape Room” o 22 de marzo, dentro da programación do 8M do Concello de Redondela. Sairá ás 19:00h da praza de Ponteareas (Vilavella). Información e inscricións: igualdade@redondela.gal

Aniversario centro cultural de Vilar

O Centro cultura de Vilar celebra o seu aniversario. Co gallo desta conmemoración este domingo día 23 de marzo convida á veciñanza a unha tarde de convivencia e festa na sede do centro a partir das 17:00 horas. Música, baile e actividades pensadas para público familiar centrarán o programa de actividades que se prolongará durante […]

Doazón de sangue en Chapela

O centro de transfusión de Galicia desprázase á parroquia de Chapela. As persoas que desexen doar poden achegarse a unidade móbil instalada na Alameda da parroquia o venres 28 en horarios de 15:30 a 21:00 horas.

Encontro de mulleres

Soutomaior convoca a XVI edición do Encontro de Mulleres con visita a Salvaterra As mulleres interesadas en asistir poderanse inscribir en liña antes do 17 de marzo ou de xeito presencial no concello e no Multiúsos en horario de 9:00 a 14:00h. A cita ten como obxectivo fomentar a convivencia e o empoderamento entre as […]

Contacontos en Chapela

A Biblioteca Xela Arias de Chapela organiza unha nova entrega dos «Contos da veciñanza» a cargo das contadoras Lía e Beatriz. A actividade terá lugar o venres 4 de abril ás 18:30 horas e está pensada para rapazada a partir de 3 anos. Dado que as prazas son moi limitadas, compre inscrición previa na biblioteca […]

Festa da ostra

A cita gastronómica celebrarase os días 4, 5 e 6 de abril en Arcade e confía en repetir a asistencia de público de edicións anteriores nas que se superaron as 30.000 persoas que poderán degustar as ostras a prezos populares. A ducia de ostras custará 10 euros e para acompañar serviranse viños albariños de Soutomaior […]

Excursión ás dunas de Corrubedo

A Asociación de veciños de Chapela busca ofrecer actividades de ocio á cidadanía polo que organizan o vindeiro sábado 5 de abril unha saída ao parque natural das dunas de Corrubedo, con visita aá praia, faro e porto así como á Igrexa de Santa María, ao dolmen de axeitos e ao Mirador da Pedra da […]

Charla e documental en torno á orixe de Colón

O Obradoiro e Estudos Locais Fernando Monroy de Cesantes organiza este sábado 5 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a proxección do documental "Los caminos de Colón" da Asociación Colón galego. A continuación o seu presidente Eduardo Esteban Meruéndano participará nun debate moderado e presentado por Manuel Puga Pereira, escritor redondelán presidente da Fundación […]

Autobús manifestación SOS Sanidade Pública

A Asemblea pola Sanidade pública de Redondela facilita o traslado da veciñanza que queira participar este domingo día 6 de abril na manifestación que terá lugar en Santiago en defensa da sanidade pública coa posta a disposición dos e das interesadas dun autobús que partirá ás 10:00 horas dende a praza da Farola con parada […]

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: