Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto: Santa Icía da Banda Municipal de Soutomaior

Concertos da programación de nadal de Soutomaior. A programación musical arrica co Concerto de Santa Icía da Banda Municipal de Música o 3 de decembro ás 13:00 h. no Multiusos de Arcade. Seguido do concerto da Coral Polifónica de Soutomaior o 4 de decembro ás 19:00 na Casa Cultural Regina Doval, o espectáculo de Fuco […]

Concerto solidario Abeleiras

A agrupación Abeleiras ofrece o domingo 3 de decembro un concerto solidario a favor de Cáritas. A actuación terá lugar no Multiusos da Xunqueira ás 19:00 horas. A entrada solidaria será de 5 euros

Espectáculo Fuco e Xela

A programación de concertos de nadal do Concello de Soutomaior continúa o 4 de decembro ás 19:00 na Casa Cultural Regina Doval, o espectáculo de Fuco e Xela da compañía Os Piñeiriños ás 17:30 e nesa mesma xornada tamén terá lugar o concerto Son das Tabernas ás 19:00 en Talo Río.

Concerto: Son das Tabernas

A programación de concertos de nadal do Concello de Soutomaior continúa o 4 de decembro ás 19:00 na Casa Cultural Regina Doval, o espectáculo de Fuco e Xela da compañía Os Piñeiriños ás 17:30 e nesa mesma xornada tamén terá lugar o concerto Son das Tabernas ás 19:00 en Talo Río.

Exposición 40 anos de Tanxarina

O grupo de títeres de Redondela despide este aniversario tan especial cunha mostra que se poderá visitar ata o vindeiro 6 de xaneiro no Multiusos da Xunqueira. Unha exposición que recolle pezas pequenas, teatriños, escenografía de maior tamaño como a cova dos trogloditas e outros elementos que permitirán ao visitante achegarse a escenografía e a […]

ADIADO : Acendido das luces en Chapela

Por mor das previsións de chuvis o acendido en Chapela previtos para o domingo 3 de decembro desprázase ao marte 5 ás 19:45 horas na Alameda de Rosalía de Castro. As actividades para festexar o comezo do Nadal contarán con teatro, música e animación. Ás 17.00 horas Teatro ao Cubo representará o espectáculo Ghop!!, para […]

Charla sobre o Testamento vital

A Concellería de Persoas Maiores organiza este martes 12 ás 19:00 horas unha xornada informativa baixo o título “Testamento Vital, documento de vontades anticipadas ou de instrucións previas” coa intervención da traballadora social do Hospital Álvaro Cunqueiro, Agustina Portabales e o avogado de Afaga Alzheimer, Iván Raris.

Presentación libro de Lorena Santervás

Baixo o nome  “Aquí sí hai quen escriba”, as Bibliotecas Municipais de Redondela, en colaboración cos Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, dan comezo a un novo ciclo de actividades patexadas en formato de reunións ou charlas periódicas onde presentar libros, propostas editoriais e outros proxectos que xorden da creatividade da veciñanza. A primeira das […]

Mostra de artesanía de nadal en Soutomaior

Ente as novidades máis destacadas nesta edición do Nadal en Soutomaior está a Mostra de Artesanía que estará en Talo Río do 16 ao 23 de decembro, unha casiña moi especial instalada en Talo Río pola que pasará o Apalpador, Papá Noel e a Carteira Real e a 1ºedición da Carreira San SilvestreFest, para público […]

Cociñar pan sen gluten

O mercado de Abastos acolle un obradoiro pensado para aquelas persoas que queiran aprender a elaborar pan sen gluten. Neste caso as alternativas son moi variadas: pan de arroz, de trigo sarraceno de sementes ou pans enriquecidos con figos e dátiles: pans elaborados sen fariñas e sen levaduras, que dan como resultado un produto nutritivo […]

Festival Folclórico Anaquiños

O Grupo Folclórico Anaquiños celebrar este sábado 16 de decembro o seu festival folclórico, que realizan desde hai máis de 15 anos. A cita de balde é no Multiusos da Xunqueira ás 17 horas da tarde, e conta con actuacións de grupos chegados desde Mindelo, Candás e Valdepeñas, ademais da propia agrupación redondelá.

Concerto: Desconcerto

Concertos e espectáculos de nadal en Soutomaior. A xornada do día 17 de decembro a sesión vermú en Talo Río estará amenizada polo directo de Desconcerto e o 22 de decembro Peter Pank aterrará ás 19:00 co seu espectáculo Chungo que te cagas.