Hoxe é Martes 8 de Abril de 2025

Entroido día 1 de marzo

A rapazada será a protagonista desta xornada co Etroido Infantil e Xuvenil con obradoiros na Alameda de Castelao entre as 17.00 e as 19.30 horas. A Praza da Constitución acollerá o espectáculo do Mago Noel ás 17.30 horas, co show “Que curioso!”. A música correrá a cargo do grupo The Turre´s Band cun animado pasarrúas […]

Entroido: Desfile de comparsas

O domingo día 2 a partir das 17.00 horas terá lugar a concentración das comparsas no Campo da Feira. Ás 18.00 fará o seu pasarrúas Tío Emilio, a tradicional comparsa representativa do Entroido redondelán. A continuación será o desfile de comparsas que percorrerá as principais rúas da vila. Ás 20.30 horas será a entrega de […]

Concurso de maquetas Millo Verde

As bandas que desexen participar deberán enviar as súas propostas ao correo maketas@milloverde.org antes do 4 de marzo de 2025. Entre todas as inscricións, serán seleccionadas dúas bandas finalistas que terán a oportunidade de actuar nun concerto especial o 12 de abril de 2025 na Antiga Feira do Gando de Redondela. Poderán participar no concurso grupos e solistas residentes […]

Martes de Entroido

O día 4, Martes de Entroido ás 17.00 horas comezará o Desfile-Concurso de Disfraces individual e colectivo. As inscricións para participar poderán facerse nos soportais do Concello desde as 16.00 e a entrega de premios será ás 18.45 horas. Os máis pequenos terán o seu espazo na Alameda Castelao con diferentes obradoiros desde as 17.00 […]

Acto institucional 8M + Faladoiro “Xuntas no deporte”

O acto institucional do 8M en Redondela será o 7 de marzo na Praza do Concello ás 12.00 horas, coa lectura da Declaración Institucional a cargo da xornalista María Foscaldo “Virtudes”. No acto participa o grupo de teatro da Asociación Cultural de Chapela e tamén cos centros educativos, centros de Dia, colectivos e asociacións como […]

Concerto de Guadi Galego

O Multiúsos de Arcade acollerá o día 7 de marzo o concerto “Síntese horizonte” de Guadi Galego ás 21:00 horas. Con entrada de balde as persoas interesadas en achegarse deberá retirar as entradas o luns 3 de marzo en horario de mañá no concello (de 9:00 a 14:00 horas) ou pola tarde no Multiúsos entre […]

Festa da Cacheira

A cita gastronómica da Festa da cacheira en Concello de Pazos de Borbén terá lugar o domingo 9 e contará coa artista Pili Pampín como pregoeira. As persoas asistentes poderán degustar a tradicional ración de #cacheira por 15 euros, incluíndo unha taza conmemorativa, ou probar a empanada de cacheira por 4 euros a ración. Tamén […]

Charlas: Tecnoloxías e novas formas de violencia de xénero

As charlas “ Tecnoloxías e novas formas de formas de violencia de xénero", forman parte da programación do 8M do Concello de Redondela e vanse celebrar nos centros culturais de distintas parroquias: C. C. Santo Estevo: luns, 10 de marzo ás 19:00 horas. C. C. Quintela: venres, 14 de marzo ás 19:30 horas. C. R. […]

Doazón de sangue

Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase o venres 14 de marzo e o sábado 15 a Redondela. As persoas que desexen facer as súas doazóns poderán achegarse o venres en horario de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:00 a 21:00 horas pola tarde ao autobús que estará ubicada […]

Charla polo 8M

O BNG conmemora o 8M cunha charla na Casa da Cultura. O acto “Sementando a igualdade” desenvolverase este venres 14 ás 20:00 horas e contará coa intervención da responsable comarcal de Galiza Nova, Iria Custodio, a delegada sindical María Xosé García e a axente de igualdade, Lucía Pereda. As tres poñentes debaterán sobre a situación […]

Homenaxe e faladoiro en torno ás matronas

Baixo o lema MATRONALIA 8M, este ano a campaña do (M do Concello de Soutomaior centra o seu foco nas matronas. Como representante deste colectivo elixiron a Marisol Santomé, quen exerceu esta profesión en Arcade durante case dúas décadas (entre o 2004 e o 2022). Santomé recibirá o recoñecemento "María a das mil flores” nun […]

Enterro do berete en Chapela

O sábado día 18 celebrarase o Entroido en Chapela. As comparsas reuniranse ás 17.00 horas do alto da Encarnación. Ás 18.00 horas sairá o desfile acompañado polos percusionistas e tamborileiros de Aperta. Pecharán a comitiva os participantes do Enterro do Berete que fará o seu percorrido ata a praia de Arealoga. A queima do Berete […]

Radio Redondela Online
Stations
imageRadio Redondela
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: