Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xigantes e cabezudos

O Concello de Redondela ten aberto ata o 15 de maio o prazo de inscrición para participar nas Festas da Coca como xigante ou cabezudo. De entre todos os inscritos farase un sorteo público o 17 de maio. Búscanse un total de 20 persoas para exercer de cabezudos, un mordomo e dúas persoas máis que […]

VI Torneo exhibición Fútbol Sala

O pavillón da Marisma acolle este venres 17 unha exhibición de fútbol sala organizada polo Club Casa Paco con participación dos máis cativos. Así, sairán a pista neste VI torneo de futbol sala mini nenos e nenas nados nos anos 2018 e 2019, rapazada que con tan só 5 ou seis anos xa amosan o […]

Deadpan Karaoke

O Multiúsos de Arcade acolle este xoves ás 21:00 horas a obra Deadpan karaoke de Ibuprofeno teatro. Un divertido espectáculo con entrada de balde enmarcada dentro da programación das letras Galegas do Concello de Soutomaior.

XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela

PROGRAMACIÓN SALA VENRES 17 Ás 20:00h no Auditorio do Multiusos da Xunqueira o arxentino Sergio Mercurio coa obra “Viejos” para maiores de 14 anos e cunha duración de 70 minutos. Escritor, cineasta, director e actor de teatro, coñecido internacionalmente como O Titiriteiro de Banfield, da súa etapa creativa anterior, é un dos grandes titiriteiros de […]

XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela

PROGRAMACIÓN DE SALA Sábado 18 de maio ás 20:00 horas no Auditorio da Xunqueira La Chana Teatro  coa obra “Blancanieves” para maiores de 8 anos e cunha duración de 55 minutos. Fundada en 1987 por Áurea Pérez e Jaime Santos. Ao longo destes anos conseguiron desenvolver unha forma propia de contar historias sempre centrada no […]

XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela

PROGRAMACIÓN DE SALA Domingo 19 de maio ás 19:00 horas no Auditorio da Xunqueira o arxentino Sergio Mercurio coa obra “Viejos” para maiores de 14 anos e cunha duración de 70 minutos. Escritor, cineasta, director e actor de teatro, coñecido internacionalmente como O Titiriteiro de Banfield, da súa etapa creativa anterior, é un dos grandes […]

Xanela do Maxín en Soutomaior

O domingo 19 o protagonista será o teatro con música en directo coa proposta ‘Supercoroza. Na eira e na lareira’ de Xanela do Maxin, unha cita que terá lugar ás 18:00 h. na Casa da Cultura Rexina Míguez Doval.

Concerto de CantaTorrella

CantaTorrella será a banda encargada de pechar o Festival de Títeres de Redondela cun concertó o domingo 19 de maio na Pista da Xunqueira. Entre as sorpresas que prepara o grupo redondelán atópase a estrea da canción “25 titiriteiras” composta especialmente para o 25 aniversario do festival coa intención e despedir “por todo o alto […]

Campamento conciliación en Redondela

O campamento está dirixido á rapazada con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e desenvolveranse nos meses de xullo e agosto en horario de 09:00 a 14:00 horas. A actividade realizarase en sete parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Quintela, Reboreda e Redondela. A prestación do programa distribuirase en quincenas, con dúas quendas […]

Xogos da lingua

Xogos da lingua é unha proba en formato de xogo olímpicos que se vai celebrar en Soutomaior o día 21 enmarcado dentro da programación das letras galegas.  Unha proba na que participarán 240 escolar que comezará en Salgueirón, relevo no IES Soutomaior e chegada a Talo para participar na gran festa das letras amenizada cun […]

Doazón de sangue en Redondela

A unidade móbil da Axencia de doazón de sangue estará en Redondela ao carón do Concello o martes 21 de maio en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. Calquera persoa interesada pode achegarse e doar sangue sen cita previa.  

Acto de Ana Pontón en Redondela

Ana Pontón asiste en Redondela a un acto de precampaña das elección europeas. A cita será na Alameda Castelao ás 20:30 horas de hoxe mércores. Ademais da portavoz nacional asistirá a cabeza de lista do BNG ás elección europeas do vindeiro 9 de xuño, Ana Miranda, así como o portavoz municipal, Xoán Carlos González.