- Este evento pasou.
Martes de Entroido
21 Febreiro 2023 @ 17:00 - 23:00
Xa o martes 21, quenda do día máis participativo coas tradicionais comidas e a Queima do Meco a partir das 19:00 horas xunto co pasarrúas e espectáculo a cargo de Pablo Méndez Performances que sae da Praza de Ribadavia. Haberá tamén a posibilidade de participar nun concurso de disfraces individual e colectivo no que haberá que inscribirse previamente de forma presencial ás 16 horas nos soportais do Concello. Repetiranse os obradoiros infantís na Alameda de Castelao e haberá animación de rúa con As meigas e a Batucada Brassica Rapa.
Trala Queima do Meco a festa continuará ao ritmo da Duendeneta, unha discoteca móbil instalada na rúa Alfonso XII.